Manuel Fernández Areal
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de febreiro de 1930 Ferrol, España |
| Morte | 16 de xaneiro de 2026 Vigo, España |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela Escola Oficial de Xornalismo |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, ensaísta, profesor universitario |
| Empregador | Diario Regional (pt) Televisión de Galicia Universidade de Navarra Universidade de La Laguna Segre (pt) Q111737419 Europa Press Universidade de Vigo |
| Membro de | |
Manuel Fernández Areal, nado en Ferrol o 26 de febreiro de 1930 e finado en Vigo o 16 de xaneiro de 2026,[1][2] foi xornalista, ensaísta e profesor universitario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fernández Areal marchou a Santiago en 1947 para estudar Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1952 co premio extraordinario de licenciatura. Trasladouse a Madrid para estudar oposicións a notarías[3], pero finalmente quedou a estudar na Escola Oficial de Xornalismo de Madrid.
Iniciou a súa carreira profesional na década de 1950. En 1958 foi nomeado director do Diario Regional de Valladolid. Nesa etapa, sendo aínda alférez do exército español, escribiu un artigo criticando o servizo militar obrigatorio de 18 meses. Como consecuencia do artigo, foi xulgado por un tribunal militar en consello de guerra e condenado a seis meses e un día de cárcere, se ben non ingresou na cadea[4].
En 1960 ingresou no grupo católico Opus Dei[3]. Continuou vinculado ao xornalismo, ben dirixindo os semanarios La Actualidad Española e Mundo Internacional, ben na axencia de noticias Europa Press[1]. Posteriormente, xa en democracia, en 1982 sería o primeiro director do xornal Segre de Lleida. A finais da década de 1980 colaborou coa TVG e dirixiu o programa de debate A dúas bandas[5].
Foi profesor da primeira promoción de Xornalismo da Universidade de Navarra, a universidade do Opus Dei, e decano da Facultade de Ciencias da Información da Universidade da Laguna. En 1994 incorporouse á Universidade de Vigo como primeiro decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, no campus de Pontevedra[6]. A súa especialización foron o rol social e legal da información. Tras a súa xubilación no ano 2000, foi nomeado catedrático emérito da Universidade de Vigo[1][7].
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Viviu en Vigo moitos anos[3], nunha residencia do Opus Dei na rúa García Barbón, onde finou[2].
Obra
[editar | editar a fonte]Escribiu unha trintena de monografías e moitas contribucións ás ciencias da información en forma de artigos e colaboracións[1].
- El derecho a la información (Juventud, 1971)
- La libertad de prensa en España (1938–1971). (Cuadernos para el diálogo, 1971)
- El control de la prensa en España (1973)
- Introducción al derecho de la información (1977)
- Consejo de guerra: los riesgos del periodismo bajo Franco (Deputación de Pontevedra e Universidade de Vigo,1997)
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2008 recibiu a Insignia de Ouro da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo en recoñecemento á súa traxectoria.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Ramos, Fernando (16 de xaneiro de 2026). "Muere Manuel Fernández Areal, maestro de periodistas y pionero en el campus de Pontevedra". diariodepontevedra.es (en castelán). Consultado o 16 de xaneiro de 2026.
- ↑ 2,0 2,1 Varela, Pablo (16 de xaneiro de 2026). "Muere Manuel Fernández Areal, periodista, profesor y primer decano de la Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación de la UVigo". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 16 de xaneiro de 2026.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Los 90 de Fernández Areal". Faro de Vigo (en castelán). 2020-03-01. Consultado o 2026-01-16.
- ↑ Qumata, Roberto (2007-08-03). "Libertad de expresión y derecho a no ser agredido". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2026-01-16.
- ↑ Ameixeiras, Diego (2020-10-30). "Carvalho Calero non ten fin". La Voz de Galicia. Consultado o 2026-01-16.
- ↑ Viéitez, Oskar (2026-01-16). "Morre Manuel Fernández Areal, primeiro decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación". Pontevedra viva. Consultado o 2026-01-16.
- ↑ "O primeiro decano de Ciencias Sociais e da Comunicación, Manuel Fernández Areal, recibirá a insignia de ouro da facultade". www.uvigo.gal. Consultado o 2026-01-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Fernández Areal, Manuel". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.