Manuel Díez Sanjurjo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Díez Sanjurjo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1870 Editar o valor em Wikidata
Burgos, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de decembro de 1941 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro de camiños , arqueólogo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSalvadora Muntadas


Manuel Díez Sanjurjo, nado en Burgos o 28 de novembro de 1870 e finado en Madrid o 3 de decembro de 1941, foi un enxeñeiro de camiños e arqueólogo castelán, que residiu varios anos en Ourense. Foi membro numerario da Real Academia Galega[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ponte da Cigarrosa.
Rúa M. Díez Sanjurjo en Maside.

Foi inspector xeral do Cuerpo de Ingenieros de Caminos e participou na construción da N-120. Era amigo do grupo de intelectuais que rodeaban a Marcelo Macías no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, e foi autor de varios traballos de arqueoloxía. Estudou o campamento militar de Aquis Querquennis e o Itinerario de Antonino. En 1908 realizou o proxecto de restauración da ponte da Cigarrosa, sobre o río Sil, entre A Rúa de Valdeorras e Petín. Foi vocal da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e colaborou no seu boletín. Ingresou na RAG como membro numerario o 20 de xuño de 1908, en acto celebrado na cidade de Ourense, a proposta de Florencio Vaamonde, Francisco Tettamancy e Uxío Carré Aldao, pronunciando o discurso "Epílogo de la historia del fuero de Allariz", respondido por Tettamancy.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Los caminos antiguos y el Itinerario número 18 de Antonino en la provincia de Orense, 1904-1908.[3]
  • "Epifanía latina en la provincia de Orense", 1906.
  • De Clunia a Intercacia según el Itinerario de Antonino, 1917.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Manuel Díez Sanjurjo". Real Academia Galega. 
  2. Díez Sanjurjo, M.; Tettamancy, F. (1908). Discursos leídos ante la Real Academia Gallega en la recepción pública del señor D. Manuel Díez Sanjurjo. A Coruña: Real Academia Galega. 
  3. Publicado por entregas dende o n.º 37 ao 63 do Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]