Manuel Dios Diz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Dios Diz
Manuel Dios Diz.jpg
Nacemento14 de xaneiro de 1953
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmestre e político
editar datos en Wikidata ]

Manuel Dios Diz, nado en Santiago de Compostela o 14 de xaneiro de 1953, é un mestre e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre, licenciado en Xeografía e Historia e doutorando en Estudos Contemporáneos pola Universidade de Santiago de Compostela. Militante da UPG, foi secretario xeral da Unión dos Traballadores do Ensido de Galiza (UTEG). Partidario de profesionalizar e dar máis peso ao BN-PG, foi expulsado da UPG en maio de 1981[1]. É profesor no IES de Cacheiras (Teo). Secretario xeral do Sindicato Galego do Ensino e a Investigación-CXTG. En 1994 ao se unir a CXTG e a INTG para crearen a Confederación Intersindical Galega formou parte da súa primeira executiva[2].

Foi fundador e presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz (1985). En 2012 converteuse nun dos tres voceiros de Espazo Ecogaleguista[3] e continuou como co-voceiro ao se transformar en Espazo Ecosocialista Galego. Foi concelleiro en Santiago de Compostela por Compostela Aberta entre 2015 e 2019 e asemade deputado provincial.

É autor de Unidades Didácticas para o profesorado sobre educación para a Paz. Xubilouse en 2013 no IES de Cacheiras.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]