Manuel Cuña Novás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Manuel Cuña Novas»)
Manuel Cuña Novás
Nacemento1 de xuño de 1924
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento18 de maio de 1992
SoterradoCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Manuel Cuña Novás, nado en Pontevedra o 1 de xuño de 1924 e finado o 18 de maio de 1992 na mesma cidade, foi un escritor e político galego, pertencente á Promoción de enlace.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dos mestres Manuel Cuña e Sara Novás, pasou a infancia en Pontevedra, ata o período republicano, cando a súa familia se trasladou a Cidade Real, onde os sorprendeu a guerra civil. Coa fin da guerra o seu pai marchou ó exilio a Panamá, e a nai e os irmáns volveron a Galiza.[1]

Comezou a escribir poesía ó rematar a adolescencia, e colaborou en publicacións como Sonata Gallega, Finisterre, Cartel e El Pueblo Gallego. Nesa época estableceu amizade co poeta Virgilio Nóvoa Gil, ó que afastou da loucura. En 1950 gañou o premio de poesía na Festa das Letras de Barcelona co poema Trebón perpetuo, presentado co pseudónimo de Jorge Casasbellas.

En 1951 viaxou a Francia, onde escoitou e aprendeu de Jean-Paul Sartre, Albert Camus, Édith Piaf, Paul Éluard, e de acollidos como Friedrich Hölderlin, Rainer Maria Rilke ou Arthur Rimbaud.

Casou con Josefina e tivo dous fillos, o poeta Jorge Cuña Casasbellas e o militante anarcosindicalista Miguel Cuña Casasbellas.

Afiliado ao Partido Socialista Obrero Español, foi senador pola provincia de Pontevedra de 1982 á súa morte en 1992.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Nicho no Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Mar de otra luz, 2008, Fundación Cuña-Casasbellas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Miguel Ángel Cuña-Casasbellas (29 de maio de 2022). "Recuerdo de mi padre Manuel Cuña Novás". De vella a bella. 
  2. Reeditado no 1991 en Vía Láctea e en facsímile en 1999 pola Deputación de Pontevedra.
  3. Incluído, co n.º 28 na Biblioteca Galega 120.
  4. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. p. 201-203. ISBN 84-8288-365-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]