Saltar ao contido

Manuel Chicharro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Chicharro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de agosto de 1849 Editar o valor en Wikidata
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Morte13 de xaneiro de 1924 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Concelleiro de Santiago de Compostela
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 329864 BNE: XX1245707

Manuel Chicharro Bisi,[1] nado na Coruña o 29 de agosto de 1849 e finado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1924,[2] foi un fotógrafo galego.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Cicharro colaborou con Café con Gotas.

Comezou a súa carreira aos 14 anos no estudio de Luis Sellier, exerceu como operador de Mariano Bordoy e asociouse con Ulisse Ferrant, instalado no Ferrol. En 1877 abriu un estudio en Santiago de Compostela, primeiro no nº 34 da rúa Nova e en 1907 mudouse á rúa do Vilar.

Retratou os fondos artísticos e documentais do Museo Catedralicio de Santiago de Compostela, incluído o Códice Calixtino. En 1884 publicou a obra Compostela monumental, un porfolio de vinte e catro imaxes da cidade con textos do historiador Bernardo Barreiro. A obra considérase o primeiro libro de fotografías impresas editado por un fotógrafo galego en Galicia.[4] Retratou tamén a chegada á cidade de personalidades e mais a Exposición Rexional de 1909.

Algunhas das súas fotografías foron premiadas en eventos como a Exposición Universal de Filadelfia de 1876, a Exposición Universal de París de 1889 ou a Exposición Mundial Colombiana celebrada en Chicago en 1893. Colaborou con publicacións como a revista pontevedresa Galicia Moderna ou Café con Gotas. Posuíu o título honorífico de fotógrafo da casa real, outorgado por Afonso XII de España.

Foi membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e interviu de forma activa na vida política municipal compostelá. En 1891 foi elixido concelleiro pola candidatura liberal dinástica de Montero Ríos.

O seu arquivo, que inclúe fotografías realizadas entre 1877 e 1921, consérvase no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.[5]

Distincións

[editar | editar a fonte]
  • Cruz da Orde de Isabel a Católica.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Francisca Robelo Vega (1848-1920) e foi pai de seis fillos, entre eles Luis Chicharro Robelo (1886-1962), que continuou co estudio fotográfico e despois pasou a traballar en El Correo Gallego.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Compostela monumental (1884), con fotografías de Chicharro e textos de Barreiro, en PDF.
  1. Na necrolóxica de El Compostelano o segundo apelido aparece como "Bisí"; no Boletín Oficial da provincia da Coruña de 1870 aparece como "Visi" (18 de agosto) e como "Vissi" (5 de setembro).
  2. "Necrología". El Compostelano (en castelán). 14 de xaneiro de 1924. p. 2.
  3. "Manuel Chicharro Bisi". Instituto Padre Sarmiento.
  4. David M. Sobrino Platas (8 de febreiro de 2025). "Así era Compostela a finais do século XX. Unha exposición da fotografía de Manuel Chicharro lévanos atrás no tempo". Historia de Galicia.
  5. "A dixitalización do Arquivo Chicharro". Instituto Padre Sarmiento.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]