Manuel Ceruelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Ceruelo
Biografía
Nacemento1913 Editar o valor em Wikidata
Arzúa, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de agosto de 2003 Editar o valor em Wikidata (89/90 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Manuel Ceruelo Ares, nado en Arzúa en 1913 e finado en Santiago de Compostela o 31 de agosto de 2003,[1] foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas Juventudes Libertarias ao final da ditadura de Primo de Rivera, e integrouse no Sindicato de Metalúrxicos durante a República, en 1936 desempeñaba postos directivos do sindicato. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 enrolouse no exército franquista para zafar do que lle agardaba, e con miras de pasar ao bando leal. Evadiuse á zona republicana na fronte de Araba, e loitou primeiro no Batallón Celta en Euskadi e logo no Batallón Galicia da CNT asturiana. Coa caída da fronte do Norte, foi detido e condenado a morte, conmutada logo por trinta anos que quedaron en seis. Ao saír da cadea en 1943 retornou a CNT compostelá e cando en 1946 Manuel Fandiño Ricart colleu a secretaría da CRG, Ceruelo pasou a formar parte do Comité. Coincidindo coa súa actuación no Comité da CRG cobixou e deu traballo no seu negocio de reparación de máquinas de escribir a José Luís Quintas Figueroa, un cenetista vigués que andaba escapado. Na primavera de 1947 unha xigantesca redada deu cabo da CNT en Galicia, Ceruelo foi detido. Foi reclamado polo Xulgado Militar de Vigo en xullo de 1947.[2] Xulgado, foi condenado a nove anos, dez meses e trece días, que cumpriu nas cadeas de Vigo, Lugo e Santoña.

Cando en 1972 o albanel compostelán Manuel Amil Barcia, que fora secretario da CNT do interior entre 1941 e 1944, agonizaba en solitario en Pontevedra logo dunha vida de traballos e persecucións, recibiu a asistencia de Pazos, Ceruelo e outro compañeiro de Santiago, que o acompañaron nos seus derradeiros momentos.

A comezos dos anos setenta, o seu establecemento de material de oficina e reprografía da Rúa República del Salvador era moi frecuentado pola xuventude rebelde, porque era persoa de confianza para todo o que tivera que ver con minervas, vietnamitas e imprentas.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Nieves Calvelo, coa que tivo dúas fillas, Hildelina e María del Carmen Ceruelo Nieves.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 2-9-2003, p. 42.
  2. La Voz de Galicia, 10-8-1947, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]