Manuel Cerezales
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 18 de maio de 1909 Vilar de Cervos, España |
| Morte | 28 de xaneiro de 2005 Madrid, España |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, requeté |
| Carreira militar | |
| Conflito | guerra civil española |
| Familia | |
| Cónxuxe | Carmen Laforet (1946–1970) |
| Fillos | Agustín Cerezales Laforet |
Manuel Cerezales González, nado como Manuel González Cerezales en Vilar de Cervos (Vilardevós) en 1909 e finado en Madrid o 28 de xaneiro de 2005,[1] foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos seis anos ingresou como interno nos Escolapios de Madrid. Aos quince marchou a Valladolid, onde estudou Dereito. Foi discípulo e secretario de Ramón Otero Pedrayo, quen o preparou para os exames finais de dereito. Carlista, fundou en Ourense o periódico España en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na Guerra como requeté. Dirixiu as revistas Guión, Vida Mundial e Momento, foi subdirector de El Pensamiento Navarro de Pamplona e Informaciones de Madrid. Pasou a dirixir España de Tánxer, onde permaneceu tres anos, volvendo despois a Informaciones como crítico literario. Logo foi director de Faro de Vigo (1961-1964). Pasou despois a subdirector de El Alcázar. Tamén dirixiu en Madrid Misión, fundada en Ourense. Ao final da súa carreira traballou en RTVE.[2]
Foi crítico literario e nos anos corenta gañou un accésit do premio literario Calderón de la Barca pola obra Magín, siervo de Dios.
Finou en Madrid o 28 de xaneiro de 2005.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Laforet en 1946, de quen se separou en 1970. Foron pais de Agustín Cerezales Laforet.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Eduardo Haro Tecglen (30 de xaneiro de 2005). "Manuel Cerezales González, periodista, crítico y editor". El País (en castelán).
- ↑ Agustín Cerezales (1 de febreiro de 2005). "Un periodista". ABC (en castelán).
- ↑ Necrolóxica en ABC, 30 de xaneiro de 2005 (en castelán).