Saltar ao contido

Manuel Casal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Casal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1898 Editar o valor en Wikidata
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata

Manuel Casal Rey, nado na Coruña o 5 de agosto de 1898 e finado en Cidade de México o 13 de maio de 1958, foi un futbolista, adestrador e avogado galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido na Coruña, en 1912 mudouse a Madrid para estudar na entón chamada Universidade Central, licenciándose como avogado seis anos despois.[2]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira no fútbol base do Deportivo da Coruña, e durante a súa estancia en Madrid militou no Madrid Foot-ball Club (hoxe Real Madrid). Despois emigrou a México, onde formou parte do Real Club España, onde xogou tres tempadas, compartindo filas con xogadores como Lázaro Ibarreche, Jaime Arechederra e Manuel Lecanda. Co España obtivo tres títulos da Liga Amateur de Veracruz nas tempadas 1915/16, 1916/17 e 1917/18. Despois fichou polo Club España de Veracruz, onde xogou unha tempada e gañou o título da Liga Sur na tempada 1917-18. Con todo, unha fractura do nocello dereito acabou prematuramente coa súa carreira.[2]

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Despois da súa lesión regresou a España para continuar a súa carreira como adestrador de fútbol. Dirixiu no fútbol base do Deportivo da Coruña, o Betis, o Sevilla e o Racing de Santander.[2]

En 1940, a directiva da Unión Española contratou a Casal, co obxectivo de formar un novo cadro de xogadores, despois da paréntese deportiva que tomou o club na tempada 1939, que rematou coa marcha de trece dos seus xogadores. Casal formou unha escuadra sen reforzos estranxeiros,[2] baseada nos xogadores das divisións inferiores, que estaban ao cargo de Andrés García e Félix Cantín.

Cadro de xogadores da Unión Española, formado inicialmente por Casal, campioa da Primeira División en 1943.

A primeira tempada deste equipo foi desastrosa, rematando na décima e derradeira posición.[3][4] A pesar deste fracaso, os dirixentes seguiron confiando no proxecto e, na temporada de 1941, o club rematou na parte media da clasificación (5.º lugar), conseguindo sete vitorias, cinco empates e cinco derrotas.[5] Na de 1942, rematou en sétimo lugar, despois de sete triunfos, un empate e dez derrotas.[6] En 1943 deixou o equipo, sendo substituído por Atanasio Pardo. Co cadro de xogadores que formara Casal, xunto aos reforzos de Segundo Flores e Luis Ponce, a Unión Española conquistou a Primeira división esa tempada.[7]

En 1944 deixou Chile para dirixir a Unión Deportiva Moctezuma de Orizaba en México. Tamén no país azteca adestrou o Puebla durante a tempada 1951-52.

En 1952 regresou á súa Coruña natal, onde foi contratado como novo adestrador do Deportivo da Coruña, trala destitución de Chacho e despois dun breve período de interinidade de Waldo Botana.[8]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Hortensia Gestal, coa que foi pai de María Victoria Casal Gestal.[9]

  1. Agüero de la Torre, Vinko; Álvarez Nieto, Manuel; Marino Conde, José; Martínez Urrengoechea, Rafael; Prado Álvarez, Fernando; Vizcaya Jaramillo, Cristián (Marzo de 2014). Años de Unión (en castelán). Prólogo de José Luis Sierra Pando (1.ª ed.). Santiago, Chile: DUE Diseño y Comunicación. ISBN 978-956-353-672-0. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2021. Consultado o 11 de maio de 2021.
  2. 1 2 3 4 Guerrero, Carlos (2 de xuño de 1944). "De la "peña" de la calle Alcalá... al café Santos". Estadio (en castelán) (Santiago, Chile: Editorial Zig-Zag) (71): 6–7, 30. Consultado o 11 de maio de 2021.
  3. Marín Méndez, Edgardo (1995). Centenario historia total del fútbol chileno: 1895-1995 (en castelán). Prólogo de Julio Martínez Prádanos (1.ª ed.). Santiago, Chile: Editores y Consultores REI. Consultado o 22 de xuño de 2016.
  4. Espina, Eduardo (23 de xullo de 2005). "Chile 1940". RSSSF (en inglés). Consultado o 11 de maio de 2021.
  5. Espina, Eduardo (24 de xullo de 2005). "Chile 1941". rsssf.com. Consultado o 11 de maio de 2021.
  6. Espina, Eduardo (31 de xullo de 2005). "Chile 1942". rsssf.com (en inglés). Consultado o 11 de maio de 2021.
  7. Marín 1995, pp. 61–66
  8. "No me gustan las dificultades que puedan surgir en mi labor, porque "me gusta la pelea", dice Casal". El Ideal Gallego (en castelán) (10976). 1 de xullo de 1952. p. 10. Consultado o 20 de outubro de 2025.
  9. "Obituario". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de xuño de 1958. p. 6.