Manuel Carrozas Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Carrozas Varela
editar datos en Wikidata ]

Manuel Carrozas Varela, nado en Sarria cara a 1907, foi un falanxista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Luis Carrozas e Manuela Varela. Foi detido pola garda civil en 1921 como promotor dunha pelexa na que resultou un mozo ferido de escopeta.[1] Afiliado a Falange, a madrugada do 26 de xuño de 1936 foi autor do atentado contra o concelleiro e secretario de Izquierda Republicana de Sarria Pedro García Arcas, que resultou gravemente ferido polos disparos e morreu ao día seguinte, e do asasinato do tamén militante de IR Victorino Cabarcos López, no local da sociedade La Unión. Como protesta declarouse a folga xeral en Sarria.[2][3][4] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Lugo por dous policías na madrugada do 23 de xullo por resistenza e insultos, pero desapareceu do Cuartel onde estaba retido antes do 1 de agosto.[5] Ao pouco tempo foi nomeado xefe de milicias de Falange de Sarria.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Integridad, 25-10-1921, p. 2.
  2. Diario de Pontevedra, 27-6-1936, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 27-6-1936, p. 12.
  4. La Voz de Galicia, 28-6-1936, p. 10.
  5. "Manuel Carrozas Varela". Sarria acento galego. 7 de abril de 2016. 
  6. El Progreso, 4-10-1936, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]