Saltar ao contido

Manuel Buenacasa Tomeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Buenacasa Tomeo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1886 Editar o valor en Wikidata
Caspe, España Editar o valor en Wikidata
Morte1964 Editar o valor en Wikidata (77/78 anos)
Bourg-lès-Valence, Francia Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, sindicalista, xornalista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Arquivos en

Enciclopedia Galega Universal: 90800 BNE: XX1206677

Manuel Buenacasa Tomeo, nado en Caspe (provincia de Zaragoza) en 1886 e finado en Bourg-lès-Valence (Francia) en 1964, foi un sindicalista e anarquista español, militante da Confederación Nacional do Traballo (CNT).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carpinteiro e xornalista de profesión, entre 1900 e 1905 integrouse nun convento franciscano de Andalucía. Posteriormente participou na Federación Sindical de Zaragoza e en 1911 tivo que exiliarse a Francia e despois a Londres, onde coñeceu a Vladimir Lenin e a Errico Malatesta. En 1914 trasladouse a Barcelona, onde estableceu contacto cos históricos dirixentes anarcosindicalistas Anselmo Lorenzo, Ángel Pestaña e Salvador Seguí. En 1915 exiliouse de novo a París, onde formou parte do Comité de Relacións Anarquistas Internacionais e coñeceu a Mahatma Gandhi. En 1916 viaxou a Lausana (Suíza) onde se entrevistou de novo con Lenin.

De regreso a España foi encadeado e, despois de pasar polos cárceres de Donostia, Xixón, Zaragoza, Madrid e Barcelona, recobrou a liberdade en 1918 e foi elixido secretario xeral da CNT. En xaneiro de 1919, nos prolegómenos da folga de La Canadiense, foi detido e encarcerado na nave Pelayo, xunto a outros sindicalistas. Formando parte do Comité Nacional da CNT asistiu ao II Congreso Confederal, celebrado en Madrid en decembro dese mesmo ano, no cal exerceu como presidente de Mesa na segunda sesión e foi un dos vinte e catro asinantes do ditame sobre a definición ideolóxica do sindicato, que declaraba: “A finalidade que persegue a Confederación Nacional do Traballo de España é o comunismo libertario”. En 1920 organizou en Zaragoza unha folga xeral como protesta polo asasinato de Francesc Layret. Exerceu como secretario do Comité Rexional de Aragón da CNT e como tal asistiu á Conferencia Extraordinaria que se celebrou na capital aragonesa entre o 11 e o 14 de xuño de 1922. En 1923 organizou en Madrid un congreso anarquista, onde se acordou a formación dunha Federación Nacional de Grupos Anarquistas. En 1929 exiliouse en Tolosa, onde estableceu unha carpintaría na que traballou até 1930, cando foi expulsado de Francia e regresou a Barcelona. Ao acabar a guerra civil española (1936-1939) retornou a Francia e deu apoio á escisión vivida pola CNT en 1945. En 1961 participou no congreso da CNT no exilio.

Colaborou con Tierra y Libertad e Solidaridad Obrera en Barcelona co pseudónimo de Manuel S. Ordo. Dirixiu a revista Cultura y Acción (en 1910 e 1921), órgano rexional do anarcosindicalismo aragonés. Tamén dirixiu a edición de Xixón de Solidaridad Obrera (1922) e El Productor, publicación editada en Blanes (Xirona), en 1925. Publicou diversos libros, entre os cales destacan: El movimiento obrero español. 1886-1926. Historia y Crítica, La CNT, el Treinta y la FAI, e Perspectivas del movimiento obrero español.[1]