Manuel Bouzas
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1993 Pontevedra |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Educación | Universidade Politécnica de Madrid |
| Actividade | |
| Ocupación | arquitecto |
Manuel Bouzas, nado en Pontevedra en 1993, é un arquitecto galego con sedes en Galicia e Nova York.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduouse en Arquitectura con matrícula de honor en 2018 na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (Universidade Politécnica de Madrid) e Master of Design Studies pola Harvard University Graduate School of Design.
Combina o traballo profesional coa actividade académica, Colaborou como J-Term instructor en Harvard GSD, asistente no Departamento de Proxectos Arquitectónicos da ETSAM (UPM), investigador visitante no Tsukamoto Lab (Atelier Bow-Wow) no Tokyo Institute of Technology e profesor na profesor na Universidade Cornell de Nova York. Foi seleccionado para o comisariado do Pavillón de España na XIX Bienal de Arquitectura de Venecia 2025.[1]
Participou nas Bienais de Venecia de 2018 e 2023, tamén XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo de 2021.Realizou a guest room (xunto ao estudio de arquitectura salazarsequeromedina) con madeira de montes queimados, para a Feira Internacional de Arte Contemporánea Arco.[2]
É editor de Obradoiro, a revista do Colexio de Arquitectos de Galicia.
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]- Premio COAM Emerxente 2020 polo Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid
- Bolsa La Caixa de Posgrao 2021
- Renzo Piano World Tour Award 2022
- Premio Princesa de Xirona Arte 2025
- Premio ROOM Futuro 2025
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "BOUZAS METALOCUS". www.metalocus.es (en castelán). Consultado o 2026-05-13.
- ↑ López, Belén (2026-05-13). "Manuel Bouzas: "Pontevedra ten pendente resolver a súa relación co río"". Diario de Pontevedra. Consultado o 2026-05-13.