Manuel Basulto Jiménez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Basulto Jiménez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de maio de 1869 Editar o valor em Wikidata
Adanero, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Puente de Vallecas, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCatedral de Xaén Editar o valor em Wikidata
Bispo de Xaén
18 de decembro de 1919 – 12 de agosto de 1936
← Juan Manuel Sanz y Saravia (pt) TraducirRafael García y García de Castro (pt) Traducir →
Bispo de Lugo
4 de setembro de 1909 – 18 de decembro de 1919
← Benito Murúa y LópezPlácido Ángel Rey Lemos →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valladolid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1910–), sacerdote católico (1893–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónAntonio Vico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa12 de agosto Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata
(es) Quien a Dios tiene, nada le falta Editar o valor em Wikidata

Manuel Basulto Jiménez, nado en Adanero (Ávila) o 17 de maio de 1869 e finado en El Pozo del Tío Raimundo (Madrid) o 12 de agosto de 1936, foi un prelado español e bispo de Xaén e Lugo. Foi un dos trece bispos asasinados polo bando republicano durante a Guerra Civil Española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun muiñeiro, realizou os seus estudos eclesiásticos na diocese de Ávila, e foi ordenado presbítero en 1892. Licenciouse en Dereito na Universidade de Valladolid. Foi cóengo maxistral de León e lectoral de Madrid. En 1909 foi elixido bispo de Lugo, e consagrado o 16 de xaneiro de 1910 polo nuncio Antonio Vico na igrexa dos Padres Paúles de Madrid. Foi nomeado senador en 1916.

En 1919 Bieito XV nomeouno bispo de Xaén, diocese da que tomou posesión por poderes o 14 de xuño de 1920, celebrando a súa primeira misa o 29 de xuño. No seu escudo rezaba o lema: Quien a Dios tiene, nada le falta.

Martirio[editar | editar a fonte]

O 2 de agosto de 1936 foi detido no seu domicilio do palacio episcopal xunto coa súa irmá Teresa Basulto e o esposo desta, Mariano Martín, así como o deán da catedral, Félix Pérez Portela. Encarcerado na catedral de Xaén, o 11 de agosto foi incluído na segunda expedición de “Trens da morte” que partiu de Xaén con destino á prisión de Alcalá de Henares. Esta expedición foi asaltada na estación de Santa Catalina (Madrid), e desviada. O bispo e 190 presos máis foron metrallados, e os seus cadáveres saqueados.

Dous dos superviventes, dixeron que o bispo caeu de xeonllos, exclamando:

Perdona, Señor, mis pecados y perdona también a mis asesinos.

Está enterrado na cripta da igrexa do Sagrario da Catedral de Xaén.

Proceso de beatificación[editar | editar a fonte]

O 21 de xuño de 2010 a Congregación para as Causas dos Santos aprobou o carácter martirial da morte do bispo e os seus cinco compañeiros de martirio.[1][2]


Predecesor:
Pedro Murúa López
 
Bispo de Lugo
 
1909 - 1919
Sucesor:
Plácido Ángel Rey Lemos
Predecesor:
Juan Manuel Sanz Saravia
 
Bispo de Xaén
 
1920 - 1936
Sucesor:
Rafael García García de Castro

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cárcel Ortí, Vicente (2000): La gran persecución: España, 1931-1939 Barcelona, Planeta. ISBN 84-08-03519-3
  • Montero Moreno, Antonio (1999 [1961]): Historia de la persecución religiosa en España, 1936-1939. Madrid, Edicionas Católicas. ISBN 84-7914-383-5
  • Redondo, Gonzalo (1993): Historia de la Iglesia en España, 1931-1939, en dos tomos. Madrid, Ediciones Rialp. ISBN 84-321-2984-4
  • García Oro, José (2002). BAC, ed. La Iglesia de Lugo en el mundo contemporáneo. Del señorío temporal a la comunidad eclesial. Madrid. pp. 182–184. ISBN 84-7914-541-2. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]