Manuel Barreiro Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Barreiro Rey
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1913 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de marzo de 1939 Editar o valor em Wikidata (25 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Barreiro Rey, nado en Ferrol o 21 de xuño de 1913 e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 1939, foi un militar galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Antonio Barreiro López, capitán de Infantaría de Mariña, e de Josefa Rey Freire. Irmán de Elvira e Antonio Barreiro Rey. En 1930, con 17 anos, ingresou voluntario como soldado no Rexemento de Infantaría do Exército de Ferrol. Auxiliar de Oficinas e Arquivos da Mariña, prestaba servizos en Intendencia de Mariña na Base Naval de Ferrol. O 8 de abril de 1936 incorporouse ao cruceiro Almirante Cervera en Cartaxena. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o buque estaba en dique seco en Ferrol, resistindo a entrega do barco aos sublevados ata o día 21, cando se viron obrigados a entregarse. Detenido o mesmo día 21, foi trasladado ao buque prisión Plus Ultra o 3 de agosto e interrogado. O 21 de setembro levárono ao campo de concentración da Escollera no Arsenal, onde foi novamente interrogado. Trasladado novamente ao buque prisión Contramaestre Casado o 10 de febreiro de 1937, permaneceu alí ata o 21 de xuño de 1938, cando foi trasladado a Escollera para ser sometido a consello de guerra xunto a 62 procesados máis na causa 39/1936. Foi acusado de ocupar unha terraza preto da porta do sique, abrir esta para que entraran paisanos que querían axudar á marinería para que os buques non foran tomados polos facciosos, disparar contra a academia de maquinistas e promover a rebelión a bordo do cruceiro Almirante Cervera. Foi condenado a morte en sentenza que se fixo pública o 25 de xullo. Foi dado de baixa da armada o 24 de agosto e fusilado na Punta del Martillo do Arsenal o 14 de marzo de 1939. Foi soterrado no cemiterio de Canido de Ferrol.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]