Tono

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tono
Nacemento8 de outubro de 1961
 Noia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfutbolista
editar datos en Wikidata ]

Manuel Antonio Insúa Fernández máis coñecido como Tono, nado o 8 de outubro de 1961 en Noia é un ex-futbolista galego que xogaba na demarcación de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar na súa vila natal, Noia, de onde foi fichado polo Celta de Vigo para xogar no equipo filial, o Gran Peña. A causa da folga do 2 de setembro de 1984, convocada polo sindicato de futbolistas (AFE) reclamando unha regulación laboral[1], os equipos profesionais vense obrigados a tirar de xogadores dos filiais, así é como Tono debuta co primeiro equipo.

A raíz do seu debut Tono vaise gañando a confianza do adestrador, Félix Carnero, disputando esa tempada 19 encontros. O seguinte curso, xa en Primeira División, Tono perde peso no equipo ca fichaxe de Maraver e ca consolidación do canteiran Lema, cos que ten que compartir a titularidade. Debutou en Primeira o 31 de agosto de 1985 ante a Real Sociedad.

O equipo volveu descender na tempada 1985/86, porén recuperaría a categoría ao ano seguinte na que foi a tempada de Liga máis longa da historia, cunha modesta participación de Tono que incluíu o partido final ante o Sestao SC.

Acadado o ascenso deuselle a baixa a varios futbolistas como a Lema, e entre eles a Tono que fichou polo CD Lalín na Segunda División B. Tras dous anos en Lalín fichou polo SD Compostela dirixido por Fernando Castro Santos, co equipo xogou en Terceira, Segunda B e Segunda División acadando ascensos consecutivos e militando dous anos nesta última.

En 1993 ficha polo Racing de Ferrol para rematar colgando as botas no CD Lalín na Terceira División.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Unha vez retirado do fútbol en activo dirixe como adestrador os equipos inferiores do Compostela e fugazmente ao Vilalonga CF. En 1999 asume a dirección do Noia CF ata que en 2001 se fai cargo do Atlético de Riveira durante dous anos para despois volver ao Noia.

En 2004 ficha polo CD Boiro de Rexional Preferente, ao que dirixiu durante tres tempadas. En 2007 fichou polo Santiago de Compostela CF.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]