Manuel Álvarez Vicente
Manuel Álvarez Vicente | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 24 de agosto de 1857 |
Lugar de nacemento | A Guarda |
Falecemento | 2 de marzo de 1936 |
Lugar de falecemento | A Guarda |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Álvarez Vicente, nado na Guarda o 24 de agosto de 1857 e finado na mesma vila o 2 de marzo de 1936, foi un xornalista, escritor e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Emigrou a Porto Rico con catorce anos, onde completou a súa formación. Retornou a Galicia con vinte e nove anos, cunha boa posición económica e realizou importantes investimentos. Escribiu obras de teatro (¡Mientras haya flores!, La tertulia de Rolán, Siempre huérfana), colaborou en La Integridad, El Pueblo, Vida Gallega, Heraldo Guardés e Nuevo Heraldo. Foi alcalde da Guarda na ditadura de Primo de Rivera[1], membro da Asemblea Nacional Consultiva como representante dos concellos da provincia de Pontevedra[2] e volveu ser alcalde na Segunda República, dimitindo en decembro de 1932[3]. Foi socio fundador e presidente do Recreo Artístico Guardés e promotor da Sociedade Pro-Monte de Santa Tecla.
Predecesor: Manuel Otero Lomba |
![]() Alcalde da Guarda 1924 - 1929 |
Sucesor: Manuel Lomba Peña |
Predecesor: Manuel Lomba Peña |
![]() Alcalde da Guarda 1931 - 1932 |
Sucesor: Agustín González Sobrino |
Obras[editar | editar a fonte]
- O Tecla.
- Publicaciones del escritor y poeta Manuel Álvarez Vicente, 2002.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
En 1982 dedicóuselle unha rúa na Guarda.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con María Sánchez Montalvo, que finou en 1921[4], e foi pai de Manuel María de Jesús, Luís, Benigno, Margarita, José Benito, Nemesio e Rafael Álvarez Sánchez.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Galicia. Diario de Vigo, 31-1-1924, p. 2.
- ↑ Ficha no Congreso dos Deputados
- ↑ El Pueblo Gallego, 10-12-1932, p. 10.
- ↑ Vida Gallega, 15-6-1921, p. 22
- ↑ Manuel Álvarez Vicente
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Álvarez Vicente ![]() |