Saltar ao contido

Manubrio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manubrio
Esquematismo
Imaxe
 Parte de
 Composto por
Características
 Conéctase con
Códigos e identificadores
Freebase/m/03c7gz Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Un manubrio ou picaporte[1] é o mecanismo que serve para abrir e pechar portas, xanelas, caixóns e outros elementos do mobiliario. Hai de moitos tipos e formas. Algúns son xiratorios porque accionan un mecanismo que abre. Outros son fixos e cóllense para facer a acción de abrir ou pechar. Tamén os hai de panca, que hai que apertar para facer funcionar o mecanismo.

Manubrio de latón.

Entre os materiais habituais de fabricación dos manubrios están o latón, o bronce, o aluminio, o ferro e outras aliaxes de metais menos comúns.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Manubrio.