Manu Lago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manu Lago
AlcumeManu Malabaranda
Nacemento9 de xaneiro de 1976
 Vigo
Falecemento16 de decembro de 2018
 Santiago de Compostela
Causacancro
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónartista de circo
editar datos en Wikidata ]

Manuel Lago García, coñecido tamén como Manu Malabaranda, nado en Vigo o 9 de xaneiro de 1976 e finado en Santiago de Compostela o 16 de decembro de 2018[1], foi un actor de circo e malabarista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a actuar como pallaso e malabarista en espectáculos na rúa en Galicia, coincidindo coa sa formación universitaria (cursou estudos de bioloxía), a finais dos anos noventa e principios do século XXI. En 2003 marchou a estudar circo ao Reino Unido, onde se licenciou en 2006 pola Universidade de Kent[2].

Foi un dos membros fundadores de Pistacatro, un colectivo heteroxéneo de artistas de circo, pallasos e malabaristas que se creou en Santiago de Compostela no ano 2006. A súa carreira profesional estivo vinculada ás obras e producións de Pistacatro desde ese momento.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. erregueté (2018-12-16). "Morre Manu Lago García, referente do circo galego". Erregueté. Consultado o 2019-01-31. 
  2. "Currículo Manu Lago" (PDF). Pistacatro. Consultado o 31/1/2019.