Saltar ao contido

Mantela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato de Raquel Meller con mantela e peite (1910), por Julio Romero de Torres

A mantela[1] é unha prenda feminina popular en España.[2] Xorde a partir do manto co que tradicionalmente se cubrían as mulleres. Este evolucionou até converterse nun elegante toucado de blonda (encaixe realizado con fío de seda), chantilly ou tule. É habitual nas procesións de Semana Santa, nas corridas de touros e outros eventos castizos, ademais de ser prenda cerimonial das madriñas en bautizos e vodas.[3] Adoita complementarse cunha peita.

Exvoto ibero de bronce con imaxe feminina cuberta por un toucado

Algúns estudos arqueolóxicos fixan a orixe da mantela na Península Ibérica na civilización ibérica, a partir do descubrimento de pequenas figuras prerromanas de mulleres con toucados moi similares.

No século XVII xa era habitual utilizar a mantela de encaixe como peza distinguida, ademais da de pano e o mantón de Manila. Con todo, o seu uso non se xeneralizou entre as mulleres da nobreza e alta burguesía até finais do século XVIII, como se aprecia en varios retratos de Francisco de Goya. O costume continuouno Isabel II de España e, xa no século XX, a Raíña Sofía.[4]

Polo tecido

[editar | editar a fonte]
  • De blonda ou encaixe de seda, con grandes motivos florais realizados en seda máis brillante e ondulacións nos bordos ou "puntas de castañolas".
  • De chantilly, feita cun lixeiro tecido orixinario desta cidade francesa e bordado con distintos motivos.
  • De tule, tecido delgado e transparente confeccionado con seda, fío ou algodón. Usado a modo de imitación das mantelas de blonda e chantilly.
Mantela de encaixe do século XX, obxecto da exposición permanente da sala "Secaño y Montaña" do Museu Valencià d'Etnologia

Pola xeografía

[editar | editar a fonte]
  • Mantela castelá
  • Mantela leonesa
  • Mantela aragonesa
  • Mantela andaluza

Por evento

[editar | editar a fonte]
  • De loito
  • De voda
  • Taurina
  • Branca de Resurrección
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mantela.
  2. "La mantilla española" (PDF). Hemeroteca ABC (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 3 de novembro de 2014. 
  3. "Historia y uso de la mantilla. Origen. Evolución. Usos". Protocolo.org (en castelán). 
  4. Prats Noguera, Cristina. "La mantilla. Poder y poderío". MUPART - Universitat de València (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]