Manse PP
| Manse PP | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons |

O Manse PP é un equipo de pesäpallo da cidade de Tampere, Finlandia. O club naceu no ano 2005 e en 2025 tiña equipos masculino e feminino na máxima categoría, a Superpesis.[1] Ademais Manse PP ten unha escola de pesäpallo e varios equipos xuvenís. O presidente de Manse PP Edustus ry é Matti Helimo. O predecesor do club, o Mansen Pesäpallo, xogou en 1988 a final da Suomen Cup e na tempada 1991 a Superpesis. O equipo feminino gañou varias medallas na década de 1980, así como o campionato finlandés en 1984.
O Manse PP xoga os seus partidos como local no estadio de pesäpallo de Kauppi.
Nome
[editar | editar a fonte]Manse é un dos nomes co que se coñece a cidade de Tampere. O termo provén do nome da cidade industrial inglesa de Manchester, que foi modelo da cidade de Tampere, coñecida como a "Manchester de Finlandia".[2][3]
Estadio
[editar | editar a fonte]
Manse PP xoga os seus partidos como local no estadio de pesäpallo de Kauppi. A superficie do campo e o campo de adestramento foron renovados para a tempada 2020. Esperábase que a renovación do estadio de esquí e pesäpallo de Kauppi estivese lista para a tempada 2021, mais finalmente non se completou ata o 2022.[4] O orzamento total do proxecto do estadio era de 10 millóns de euros. Nas eleccións municipais de 2021 Lauri Lyly e Kalervo Kummola, que competían pola alcaldía da cidade, salientaron polo seu apoio á construción do estadio de pesäpallo.[5]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Feminino[6]
- 1 Superpesis: 2017, 2024, 2025
- 2 medallas de prata: 2018, 2020, 2022, 2023
- 1 medalla de bronce: 2021
- Masculino[6]
- 1 Superpesis: 2021
- 1 medalla de prata: 2022
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Superpesis kausi 2023 -opas" (en finés). summarum.fi. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2023. Consultado o 1 de xuño de 2023.
- ↑ "Manse" (en finés). urbaanisanakirja.com. Consultado o 13 de xuño de 2022.
- ↑ Lindfors, Jukka. "Tampere on Manse ja Nääsville" (en finés). Yle.fi. Consultado o 13 de xuño de 2022.
- ↑ Saarela, Anni (2 de xullo de 2020). "Miesten huippupesäpallo saa vihdoin kaivatun kaupungin kartalle – suosikkiselostaja hekumoi: ”Voi kasvaa dynastia”". Iltalehti (en finés). Consultado o 1 de xuño de 2023.
- ↑ Arffman, Pekka (2 de maio de 2021). "Manse PP on röyhkeä ja aggressiivinen häirikkö, mutta pesäpallolle valtava mahdollisuus". Elmo TV (en finés). Consultado o 1 de xullo de 2023.
- 1 2 "Mitalistit" (en finés). pesis.fi. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2020. Consultado o 1 de xuño de 2023.