Análise multivariante da varianza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Manova»)

A Análise multivariante da varianza, (MANOVA), é unha extensión dos métodos de análise da varianza (ANOVA) que cobre casos onde temos máis dunha variable dependente e onde as variables dependentes non poden ser combinadas facilmente. A técnica procura identificar como os cambios nas variables independentes teñen efectos significantes nas variables dependentes, e tamén procura identificar as interaccións entre as variables independentes e a asociación entre variables dependentes.

Onde aparecen as sumas de cadrados en análises de varianza univariante, aparecen na análise de varianza multivariante matrices definidas positivas. Os valores diagonales son o mesmo tipo de sumas de cadrados que aparecen na ANOVA univariante. Os valores de fóra da diagonal son as correspondentes sumas de produtos. Baixo supostos de normalidade sobre a distribución dos erros, a parte da suma de cadrados debida ós erros ten unha Distribución Wishart.

Igual que a ANOVA, MANOVA esta baseada no produto da matriz varianza do modelo e a inversa da matriz varianza dos erros. Consideracións de invarianza implican que o estatístico MANOVA debe ser unha medida de magnitude da descomposición en valores singulares da matriz produto, pero non existe unha única alternativa, debido á natureza multidimensional da hipótese alternativa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]