Manola Brunet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManola Brunet
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
Cariñena, España Editar o valor em Wikidata
Presidente Organización Meteorolóxica Mundial
2018 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónclimatóloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Rovira i Virgili
Organización Meteorolóxica Mundial
Servizo Meteorolóxico de Cataluña Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Manola Brunet India, nada en Cariñena en 1955, é unha xeógrafa española especializada en cambio climático.[1] Desde abril de 2018 preside a Comisión de Climatoloxía da Organización Meteorolóxica Mundial, sendo a primeira muller en dirixir a comisión desde a súa creación hai noventa anos. É unha experta internacional nas áreas de reconstrución instrumental e análise do clima e conta cunha longa traxectoria de colaboración coa Organización Meteorolóxica Mundial, participando desde 2001 nas actividades da Comisión de Climatoloxía. En 2005, foi nomeada copresidenta do Grupo dedicado á vixilancia e análise do clima. É profesora de Climatoloxía no Departamento de Xeografía da Universidade Rovira i Virgili e directora do Centro de Cambio Climático da mesma universidade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É doutora en Xeografía e Historia (Sección de Xeografía) pola Universidade de Barcelona . En 1982 foi profesora da División VII da Universidade de Barcelona no campus de Tarragona. De 1995 a 2003 foi codirectora do Grupo de Investigación sobre Cambio Climático (GRCC) da URV e directora dende entón ata 2008, ano no que a URV creou o Centro de Cambio Climático no Campus Terres do Ebro, do que foi a súa primeira directora.[2]

Desde 2002 colabora co Global Climate Observing System (GCOS) Atmosphere Observation Panel for Climate (AOPC) Surface Pressure Working Group. Desde 2005 é “Visiting Fellow” na Unidade de Investigación Climática da Escola de Ciencias Ambientais da Universidade de East Anglia (Norwich, Reino Unido).

É unha experta internacional nas áreas de reconstrución instrumental e análise climática e conta cunha longa traxectoria de colaboración coa Organización Meteorolóxica Mundial, participando desde 2001 nas actividades da Comisión de Climatoloxía e foi nomeada en 2005 copresidenta do Grupo dedicado ao seguimento e análise do clima.[3]

En abril de 2018, na XVII Conferencia da Comisión de Climatoloxía da OMM, foi elixida presidenta da comisión e a chilena Bárbara Tapia foi elixida vicepresidenta. Por primeira vez en case 90 anos de historia, os dous cargos directivos da organización están ocupados por mulleres. Tamén é a primeira persoa española que ocupa ese posto. A Comisión Internacional de Climatoloxía é unha das oito comisións da OMM que dirixe as actividades de concienciación climática en apoio ao desenvolvemento socioeconómico sostible e á protección ambiental. Coordina a rede de Centros Climáticos Rexionais da OMM, que proporcionan previsións estacionais; é responsable do estado do clima mundial e emite regularmente informes de seguimento sobre o estado das anomalías da circulación atmosférica e oceánica como El Niño/La Niña e a Oscilación Austral.[4]

É membro da xunta directiva da Asociación Española de Climatología e do consello asesor do Servicio Meteorológico de Cataluña. A súa investigación céntrase tanto nos campos da arqueoloxía de datos climáticos e na reconstrución instrumental do clima, como na análise da variabilidade e do cambio climático.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]