Manuel
Aparencia
(Redirección desde «Manoel»)
| Manuel | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons |
Manuel[1][2] é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co castelán, co catalán, co aragonés, co portugués e co romanés. A súa orixe é o hebreo עִמָּנוּאֵל, ʻImmānûʼēl, que quere dicir "Deus está connosco". En galego tamén ten a variante Manoel e os hipocorísticos Manolo, Manolecho, Malencho, Maíño, Manecas, Manecho, Manocho, Manel, Nel, Nelos, Nolo, Chono, Locho, Lolecho, Lecho e Lolo.[2]
En xaneiro de 2023 existían 65.083 varóns en Galicia co nome Manuel, cunha media de idade de 62,2 anos,[3] 65 co nome Manoel, cunha media de idade de 39,7 anos[4] e 67 co nome Manel, cunha media de idade de 19,8 anos.[5]
Manuel noutras linguas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- 1 2 Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Manuel". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
<https://academia.gal/nomes>. - ↑ Nome Manuel na Web do Instituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Manoel na Web do Instituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Manel na Web do Instituto Galego de Estatística
- ↑ EDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. (en castelán)
- ↑ mieres.es (ed.). "NOMES DE PERSONA N’ASTURIANO" (PDF). Consultado o 13 de febreiro de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel |