Manny Pacquiao
Manny Pacquiao | |
---|---|
![]() Pacquiao en 2013. | |
Información persoal | |
Alcume | Pac-Man Ang Pambansang Kamao (The Nation's Fist) Ang Pambansang Ninong (National Godfather) The Filipino Slugger The Mexicutioner The Destroyer |
Nacionalidade | ![]() |
Nacemento | 17 de decembro de 1978 (44 anos) Kibawe, Bukidnon, ![]() |
Alma mater | Notre Dame of Dadiangas University |
Altura | 1,66 m |
Cónxuxe(s) | Jinkee Pacquiao |
Deporte | |
País | Filipinas |
Deporte | Boxeo |
Na rede | |
https://www.senate.gov.ph/senators/sen17th.asp | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Emmanuel "Manny" Dapidran Pacquiao, nado en Kibawe, Bukidnon o 17 de decembro de 1978, é un boxeador filipino campión do mundo, que tamén é actor e cantante,[1] e que dende xuño de 2016 é senador de Filipinas.
Está considerado como un dos mellores púxiles da actualidade segundo a revista The Ring,[2] así como un dos mellores da historia. En palabras do promotor de boxeo Bob Arum: " Pacquiao é o mellor boxeador que xamais se viu, incluíndo Ali”.
Nomeado "Boxeador da Década" polo CMB, é o único púxil que logrou oito títulos mundiais en oito categorías diferentes: Peso mosca, peso supergalo, peso pluma, peso superpluma, peso lixeiro, peso superlixeiro, peso welter e superwelter.
Alén do boxeo, Pacquiao participou no baloncesto, nos negocios, como presentador de televisión, actor, produtor musical e político. En maio de 2010, Pacquiao foi elixido na Casa de Representantes do 15º Congreso de Filipinas, representando a provincia de Sarangani. Foi reelixido en 2013 para o 16º Congreso de Filipinas.[3] En xuño de 2016, Pacquiao foi elixido como senador e servirá durante seis anos, até o ano 2022.[4]
En setembro de 2021, Manny Pacquiao anunciou a súa candidatura ás eleccións presidenciais de 2022.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Manny Pacquiao -- I'M RETIRING ... From Singing". TMZ.
- ↑ "Ring Ratings, Pound for Pound". Sitio web da revista The Ring (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 10 de maio de 2015.
- ↑ Nancy Gay (10 de maio de 2010). Boxing Fanhouse, ed. "Manny Pacquiao Declares 'Landslide' Congressional Win in Philippines". Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2012. Consultado o 11 de maio de 2010.
- ↑ ESPN, ed. (20 de maio de 2016). "Manny Pacquiao wins senate seat". Consultado o 15 de xullo de 2016.
- ↑ Radio France International, ed. (19 de setembro de 2021). "Philippines: le boxeur Manny Pacquiao candidat à la présidentielle de 2022". Consultado o 19 de setembro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manny Pacquiao ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Manny Pacquiao na IMDb (en inglés).
![]() |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|