Manifestación "Catalunya, nou estat d'Europa"

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A manifestación no Paseo de Gràcia de Barcelona.

A manifestación "Catalunya, nou estat d'Europa" (en galego: Cataluña, novo estado de Europa) tivo lugar no centro da cidade de Barcelona durante a Diada de Cataluña de 2012. Foi organizada pola Asemblea Nacional Catalá; e a súa presidenta, Carme Forcadell, dixo que «o 12 de setembro, o Goberno deberá empezar a traballar pola Independencia de Cataluña».[1]

O número de participantes foi estimado en 1,5 millóns de persoas segundo a Garda Urbana e o Departamento de Interior, e 2 millóns segundo os organizadores, malia que a delegación do Goberno estimou a cifra en 600.000.[2] O centro da cidade estivo ateigado durante horas, e temeuse que a grande afluencia de persoas puidese colapsar a rede de telefonía móbil.[3][4] Moitos xornais e outras axencias de noticias describírona como unha "histórica" demostración, e considerárona como a meirande manifestación que se celebrou en Cataluña dende a restauración da democracia en España,[5][6][7][8] superando outras grandes manifestacións como a do 10 de xullo de 2010, na que participaron un millón de persoas.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ARA Barcelona (28 de agosto de 2012). "Carme Forcadell, presidenta da ANC: "El 12 de setembre, el Govern haurà de començar a treballar per la independència de Catalunya"" (en catalán). www.ara.cat. 
  2. El País, ed. (11 de setembro de 2012). "O independentismo catalán logra unha histórica exhibición de forza". 
  3. RTVE.es, ed. (11 de setembro de 2012). "A marcha independentista colapsa o centro de Barcelona na celebración da Diada". 
  4. El Periódico de Catalunya, ed. (7 de setembro de 2012). "A Generalitat pide un uso racional dos dispositivos móbiles na manifestación da Diada". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2012. Consultado o 09 de novembro de 2012. 
  5. Semana.com, ed. (11 de setembro de 2012). "Os cataláns realizan unha manifestación histórica para reclamar a súa independencia". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2012. Consultado o 09 de novembro de 2012. 
  6. La Vanguardia.com, ed. (12 de setembro de 2012). "A prensa internacional recoñece a histórica manifestación da Diada". 
  7. HOY.es, ed. (12 de setembro de 2012). "Unha manifestación histórica esixe a independencia de Cataluña". 
  8. Ine.es, ed. (12 de setembro de 2012). "Cataluña acolle hoxe unha manifestación independentista histórica". 
  9. elPeriódico.com, ed. (12 de setembro de 2012). "Goleada independentista, a maior manifestación en Barcelona". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]