Manhattan Murder Mystery

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Misterioso asasinato en Manhattan (Manhattan Murder Mystery) é un filme de Woody Allen de 1993 do xénero de suspense, cun ton cómico e con moitos dos actores habituais, como Alan Alda e Diane Keaton. De feito esta foi a primeira película na que Keaten traballou co cineasta, con quen tivo unha relación amorosa, dende 1979, cando rodou Manhattan, aínda que xa fixera unha breve aparición en Días de radio.