Mandril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mandrillus sphinx»)
Mandril
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Cercopithecidae
Xénero: Mandrillus
Especie: M. sphinx
Nome binomial
'Mandrillus sphinx'
(Linnaeus, 1758)[2]
Distribución do mandril
Distribución do mandril

Distribución do mandril

O mandril[3] (Mandrillus sphinx) é un primate da familia Cercopithecidae,[4] relacionado co babuíno e máis estreitamente co dril. O seu hábitat natural atópase no Camerún, Gabón, Guinea Ecuatorial e a República do Congo. Os mandrís viven principalmente na selva tropical e nas zonas de confluencia coa sabana. Teñen unha dieta omnívora que se compón de froitas e insectos. A súa época de apareamento ten lugar dende xuño ata outubro.

Tanto o mandril coma o dril foron outrora clasificados como babuínos dentro do xénero Papio, pero investigacións recentes determinaron que deberían ser separados no seu propio xénero, Mandrillus.[4] Charles Darwin escribiu en The Descent of Man que "ningún outro membro da clase dos mamíferos está coloreado dun xeito tan extraordinario coma o está o adulto macho de mandril."[5] A especie está clasificada como vulnerable pola IUCN.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Oates, J. F. & Butynski, T. M. (2008). "Mandrillus sphinx". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 4 de xaneiro de 2009. 
  2. Linne´, Carl von (1758). Systema naturæ. Regnum animale. (10 ed.). p. 25. Consultado o 19 de novembro de 2012. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mandril.
  4. 4,0 4,1 Nowak, Ronald M (1999). The Johns Hopkins University Press, ed. Primates of the World. Baltimore, Maryland. p. 151–152. ISBN 0-8018-6251-5. Consultado o 7 de setembro de 2010. 
  5. Darwin, Charles (1871). D. Appleton and Co, New York, ed. The Descent of Man, and selection in relation to sex.