Mamoru Mohri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mamoru Mohri
Datos persoais
Nacemento29 de xaneiro de 1948
LugarYoichi
Actividade
MisiónsSTS-99 e STS-47
Tempo no espazo19,17 días
PremiosHonorary Member of the Order of Australia e Cabaleiro da Lexión de Honra
editar datos en Wikidata ]

Mamoru “Mark” Mohri, nado en Yoichi, Hokkaido, o 29 de xaneiro de 1948, é un astronauta xaponés que formou parte das misións STS-99 e STS-47.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mohri graduouse en química pola Universidade de Hokkaido en 1972 e ten un doutoramento en química pola Universidade Flinders do Sur, Australia, en 1976.[1][2]

Foi seleccionado como astronauta pola NASDA en 1985, participando nas misións STS-99 e STS-47 e pasando un total de 19,17 días no espazo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Mohri, Mamoru" (en inglés). Consultado o 20 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 JAXA, ed. (6 de outubro de 2011). "Mamoru Mohri (Ph.D.)" (en inglés). Consultado o 20 de setembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]