Malaria sentimental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Malaria sentimental
Autor/a Xavier Queipo
Orixe Galiza
Lingua galego
Colección Medusa
Xénero(s) Novela
Editorial Sotelo Blanco
Data de pub. 1999
Páxinas 148
ISBN ISBN 978-84-7824-336-4
Seguido por Os kowa

Malaria sentimental é unha novela de Xavier Queipo, publicada por Sotelo Blanco Edicións en 1999.

Trama[editar | editar a fonte]

Un biólogo quere visitar Angkor. Chega a Phnom Penh, e reúnese co agregado cultural da embaixada española en Cambodia. Este conséguelle contactos para ir en avioneta ás ruínas do templo cun guía. Ao tempo, quítalle importancia aos conflitos armados entre guerrillas que teñen lugar na zona, pero o advirte da prevención contra a malaria. Antes de marchar a Angkor pasa dúas noites na capital, onde nunha noite de troula con Mingos, coñece a Woi, unha rapaza coa que se deita.

Ao chegar ao templo o biólogo comeza a tirar fotos e a estudar a flora da zona. Pero aos tres días el e mailo guía son secuestrados por un grupo de khemeres vermellos seguidores de Pol Pot. Son levados a un campamento militar nunha aldea á beira dun río, e alí pasan longo tempo recluídos (quizais un ano, pero o protagonista non o sabe con precisión). Xunto ao outros reféns, son obrigados a facer traballos forzados relacionados coa agricultura (pola interpretación que Pol Pot fixera do maoísmo), e castigados coa morte se intentaban escapar. Porén, o biólogo ten un certo trato de favor logo de lle salvar a vida a un sarxento.

A vida sen liberdade faise dura, tendo como únicas distraccións as partidas ao xadrez co sarxento e as conversas con Pick e outros reféns. Co tempo, comeza a ter relacións sexuais co guía, con bicos e masturbacións, aínda que sen sentimento de amor, senón como mero alivio sexual.

Logo dunha forte choiva, a aldea é anegada. Pick, que estaba nunha gaiola de castigo, é torturado polos militares. Tempo despois, o biólogo é liberado en Angkor, e ao día seguinte é atopado por tropas do exército regular, que o levan de volta á capital. Alí, Seoane dille que Woi tamén faleceu.

Narración[editar | editar a fonte]

A obra está narrada en primeira persoa, co protagonista contando as súas vivencias e as súas relacións cos demais personaxes. Usa un vocabulario moi rico e técnico, non só especializado no eido da bioloxía, senón tamén da arquitectura, política ou xeografía.

A trama está ambientada en Indochina, e o espazo ten grande importancia, especialmente pola climatoloxía, ao estar a trama influenciada polos monzóns na selva.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • O protagonista.
  • Mingos Seoane, diplomático galego, agregado cultural da embaixada de España en Cambodia.
  • Pick Kheo, profesor de historia, guía.
  • Woi, rapaza.
  • Sarxento Sung.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]