Malacántidos
Malacántidos | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Malacanthus latovittatus | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Subfamilias e xéneros[1] | |||||||||||
Subfamilia Latilinae Subfamilia Malacanthinae |

Os Malacántidos (Malacanthidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Distribúese polo Atlántico, Índico e Pacífico a profundidades de entre 10 e 500 m (normalmente entre 50 e 200 m). A especie Malacanthus latovittatus pode atoparse tamén en esteiros.
Características
[editar | editar a fonte]Presentan unha soa aleta dorsal, longa, con 22 a 84 espiñas e radios; a anal tamén longa cunha ou dúas espiñas débiles e 11-55 radios brandos; pelvianas cunha espiña e 5 radios brandos; aleta caudal truncada ou algo furcada. No opérculo hai normalmente unha espiña aguda e patente.
Os exemplares de maior tamaño poden acumular importantes cantidades de mercurio na súa carne, un metal pesado tóxico e bioacumulable, polo que están considerados responsables potenciais de intoxicacións por este elemento. Por esta razón a FDA americana recomendou en 2001 que as mulleres embarazadas ou en período de lactación, e mailos meniños, evitasen o consumo deste peixe [2].
Clasificación
[editar | editar a fonte]A familia divídese en dúas subfamilias [3] e 5 xéneros:
- Subfamilia Latilinae:
- Xénero Caulolatilus (Gill, 1862)
- Xénero Lopholatilus (Goode e Bean, 1879)
- Subfamilia Malacanthinae:
- Xénero Branchiostegus (Rafinesque, 1815)
- Xénero Hoplolatilus (Günther, 1887)
- Xénero Malacanthus (CuvierDesam, 1829)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Froese, Rainer e Daniel Pauly, eds. (2015). "Malacanthidae" en FishBase. Versión de October de 2015.
- ↑ Así como de tiburón, xarda do Atlántico e peixe espada [1].
- ↑ Existe a proposta de separalas en cadansúa familia propia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Malacántidos |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Malacántidos |