Maksim Suraiev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maksim Suraiev
Datos persoais
Nacemento24 de maio de 1972
LugarCheliabinsk
Actividade
MisiónsSoiuz TMA-16, Expedição 21, Expedição 22, Expedição 40, Expedição 41 e Soiuz TMA-13M
Tempo no espazo334,51 días
PremiosHéroe da Federación Rusa, Medalla "Por Méritos na Exploración do Espazo", Orde por Servizos á Patria de cuarto grao, Piloto-Cosmonauta da Federación Rusa, Medal for military valour, 2nd class, Medal for distinguished military service, 1st class, sen etiquetar, Pilot class qualification, awards of Moscow Oblast, sen etiquetar, Medalha NASA por Serviço Público de Destaque, Medalla de Voo Espacial da NASA, Medal for distinguished military service, 2nd class e Medal for distinguished military service, 3rd class
editar datos en Wikidata ]

Maksim Viktorovich Suraiev, nado en Cheliabinsk o 24 de maio de 1972, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TMA-16 e Soiuz TMA-13M e foi membro das expedicións 21, 22, 40 e 41 á Estación Espacial Internacional.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Suraiev graduouse con honores como enxeñeiro e piloto na Escola Kachin de Pilotos para a Forza Aérea en 1994. Despois graduouse como enxeñeiro investigador e piloto na Academia Zhukovski da Forza Aérea en 1997 e graduouse en dereito pola Academia Rusa de Servizo Civil en 2007.[1][2]

Adestrouse como cosmonauta entre decembro de 1997 e decembro de 1999, participando nas misións Soiuz TMA-16 e Soiuz TMA-13M e sendo membro das expedicións 21, 22, 40 e 41 á Estación Espacial Internacional, pasando un total de 334,51 días no espazo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2022). "Surayev, Maksim Viktorovich" (en inglés). Consultado o 18 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (10 de maio de 2009). "Preflight Interview: Maxim Suraev" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2021. Consultado o 18 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]