Makka Meşieva
Biografía |
---|
Makka Şaxidovna Meşieva, nada en Denisovka o 3 de novembro de 1932, é unha cantante chechena.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha aldea do óblast de Rostov. En 1984 Makka comezou a súa carreira artística ao entrar como vocalista solista na Filharmónica Chechena-Inguxa e acabou por se converter nunha das cantantes máis populares de Chechenia. Polo ciclo de cancións «Ẋome Kavkaz», «Dаiimoxk» e «Nenan illi » recibiu o certificado de honra do presidente de Chechenia Ramzan Kadyrov[1]. Ademais recibiu as distincións de artista nacional de Chechenia en 2006 e artista distinguida da Federación Rusa en 2009.
En 2005 graduouse en arte popular e actividades socioculturais na Escola de Artes de Chechenia e en 2016 no Instituto de Finanzas e Lei de Makhachkala con especialización en dereito.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Макка Межиева". filarma.ru.