Makatea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Makatea
Vista da illa
Makatea2.JPG
Datos
Capital Moumu
País Francia
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Tuamotu
Linguas
Poboación (2007) 61 hab.
Superficie 24 km²
Densidade
Coordenadas 15°49′S 148°13′O / -15.817, -148.217
Maior Altura 80 m.
Localización
Localización de Makatea

Makatea é unha illa das Tuamotu, na Polinesia francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Rangiroa. Está situada ao noroeste do arquipélago, a 230 km ao nordés de Tahití e a 82 km de Rangiroa.

É unha das poucas illas das Tuamotu que non é un atol. É unha plataforma elevada de coral a 80 m sobre o nivel do mar, de 7,5 km de longo e 7 km de ancho. A superficie total é de 24 km²;. O guano das aves mariñas alagou a lagoa formando, co coral calcáreo, unha area fosfatada. O fosfato foi explotado desde o 1917 ata a acabarse no 1966.

A vila principal é Moumu, con 94 habitantes no censo de 2003. A actividade principal é a agricultura, a produción de copra e o comercio de caranguexos de coco. Atópanse os raros restos do único camiño de ferro da Polinesia, hoxe abandonado.

Antigamente era denominada Papa Tea, que quere dicir «roca branca». Foi descuberta en 1722, polo neerlandés Jakob Roggeveen que a chamou Recreación. Tamén se coñeceu como a illa de Roggeveen.

Makatea