Maite Tocino
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1980 Pontecesures |
| 2023 – ← Juan Manuel Vidal Seage | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | sindicalista, política |
| Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
María Teresa Tocino Barreiro, coñecida como Maite Tocino, nada en Pontecesures en 1980, é unha política galega do BNG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou estudos de Relacións Laborais. Traballadora dunha multinacional da alimentación na que foi delegada de persoal e presidenta do comité de empresa en representación da CIG. Nas eleccións municipais de 2015 foi a número 2 da candidatura do BNG en Pontecesures, encabezada por Cecilia Tarela, sendo elixida concelleira e encargándose da área de Cultura no goberno encabezado por Tarela ata a moción de censura de maio de 2016. Nas municipais de 2019 volveu ser elixida concelleira como número 2 do BNG, manténdose na oposición. Nas municipais de 2023 encabezou a candidatura do BNG, que pasou de 2 a 4 concelleiros, e foi elixida alcaldesa co apoio dos 2 concelleiros do PSdeG-PSOE[1], cos cales formaría goberno.
| Predecesor: Juan Manuel Vidal Seage |
Alcaldesa de Pontecesures 2023 - actualidade |
Sucesor: no cargo |