Maimuna
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
(2015) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de maio de 1980 San Petersburgo, Rusia |
| Educación | Academia de Música do Estado Bielorrusso (pt) |
| Actividade | |
| Ocupación | violinista, pedagoga, Concertino |
| Período de actividade | 1990 |
| Xénero artístico | Música pop |
| Instrumento | Violín |
| Participou en | |
| 23 de maio de 2015 | Festival de Eurovisión 2015 |
Maimuna Amadu Murasjko (en belaruso: Маймуна Амаду Мурашко), coñecida como Maimuna, é unha violinista belarusa que representará a Belarús no Festival de Eurovisión 2015 xunto a Uzari coa canción "Time".[1]
Biografía
[editar | editar a fonte]Maimuna naceu en San Petersburgo, Rusia de nai belarusa e pai maliano. Cando ela era pequena, a súa familia mudouse a Malí, pero ela mudouse coa súa avoa a Mahilioŭ, Belarús, onde ela pasou toda a súa infancia.[2]
Carreira
[editar | editar a fonte]1990-2013: Principio
[editar | editar a fonte]Maimuna participou en competicións internacionais incluíndo o 1990 Young Virtuoso en Kíiv e o 1996 Music of Hope Competition.[2]
2014-actualidade: Festival de Eurovisión 2015
[editar | editar a fonte]O 5 de decembro de 2014, Maimuna foi anunciada como unha das participantes do Eurofest 2015 xunto a Uzari coa canción "Time". Uzari e Maimuna gañaron a competición con 76 puntos, quedando terceiros no televoto e primeiros en tres dos cinco xurados. Eles representarán a Belarús no Festival de Eurovisión 2015 en Viena, Austria.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Uzari & Maimuna won in Belarus!". Eurovision.tv. 26 de decembro de 2014. Consultado o 26 de decembro de 2014.
- 1 2 "Biography". Maimuna.by. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2014. Consultado o 26 de decembro de 2014.
- ↑ Fidan, Mustafa (26 de decembro de 2014). "Uzari and Maimuna to represent Belarus in Vienna!". Eurovoix.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2015. Consultado o 3 de xaneiro 2015.