Mailló amarelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Versión comercial do mailló amarelo en 2004.

O mailló amarelo (en francés, maillot jaune) é a peza portada polo líder na clasificación por tempos nese momento do Tour de Francia. Isto permite que sexa identificado nas etapas nas que o porta como gañador.

O banco francés Crédit Lyonnais patrocionou o mailló amarelo durante máis de 25 anos. O banco desenvolveu a tradición de entregar un león de peluche (símbolo da empresa) ao portador do mailló amarelo no podio, que os corredores adoitaban gardar como lembranza ou agasallar aos seus fillos, auxiliares e compañeiros de equipo.