Mai Meneses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mai Meneses
Nome completoMaría Isabel González-Meneses García-Valdecasas
AlcumeMai Meneses
Nacemento4 de xaneiro de 1978
Lugar de nacementoMadrid
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade San Pablo CEU
Ocupacióncantante
Na rede
http://www.nenadaconte.com.es/
IMDB: nm1377526 Musicbrainz: ef5160f4-a06e-43c2-a4ab-633f037e2485 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Mai Meneses

María Isabel González-Meneses García-Valdecasas, nada en Madrid o 4 de xaneiro de 1978, máis coñecida como Mai Meneses, é unha cantante e compositora española. Na actualidade é a principal cantante e compositora do grupo Nena Daconte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de pai cordobés e nai almeriense, a menor de 6 irmáns, presentouse á 2ª edición do concurso Operación Triunfo e, a pesar de ser expulsada a primeira, conseguiu a oportunidade de editar un single en solitario chamado "Vuelve", colaborar no disco Soy Capaz & Pequeñas Joyas de Inma Serrano e fundar o grupo Nena Daconte.

Formou o grupo Nena Daconte co músico Kim Fanlo, e editaron o disco He perdido los zapatos polo acordo entre Universal Music coa súa discográfica Daconte Music. O seu single "En que estrella estará" foi a canción de promoción da Vuelta Ciclista a España no 2006. Este single conseguiu cinco números 1 na lista de Los 40 Principales. Tendo tamén éxito a súa canción "Tenía tanto que darte".

Recibiron o Premio Ondas 2006 ó mellor grupo revelación na 53ª edición. Tamén estiveron nomeados aos MTV Europe Music Awards 2006 na categoría Spanish Act e nos Premios 40 Principales 2006 recibiron o premio na categoría de mellor grupo revelación e foron nomeados con Idiota "Remix" ao mellor videoclip. Mai tamén gañou o premio á mellor compositora nos Premios da Música 2006 e como Nena Daconte gañaron o premio ao Mellor Grupo Revelación.

O seu segundo disco, que saíu á venda o 30 de setembro de 2008, titúlase Retales de carnaval. O primeiro single deste segundo disco de Nena Daconte foi "Tenía tanto que darte" estreado primeiro nas radios españolas en agosto deste ano, e sacado á venda en formato dixital o 12 de setembro de 2008. Este disco entrou directamente ao nº 5 das listas de vendas españolas.

Discografía[editar | editar a fonte]

Operación Triunfo[editar | editar a fonte]

Álbums nos que Mai participou:

  • 2002: Gala 0 Gravación con son en directo do plató. Mai canta en solitario How do i live. Vendido xunto co disco da Gala 1.
  • 2002: Gala 1 Mai canta con Elena Gadel o tema de Mecano Me cuesta tanto olvidarte.
  • 2002: Gala 2 Mai canta en solitario o tema de Céline Dion Amar haciendo el amor.
  • 2002: Gala 3 Mai canta en solitario o tema de Gloria Estefan Volverás.
  • 2003: Operación Triunfo: La Fuerza de la Vida Mai canta cos seus compañeiros as cancións Un segundo en el camino, La fuerza de la vida e Let the sunshine, con eles e Diego Torres Color Esperanza, e a dúo con Tessa Chiquitita. Tamén inclúe a canción da Gala 1.
  • 2003: Generación OT: Juntos Mai canta con Mireia e Verónica Romeo o tema de Mecano Una rosa es una rosa.
  • 2003: Operación Triunfo: Singles | Edición coleccionista Recompilación de tódolos singles que saíron á venda de cada concursante en solitario, ademais dun DVD con tódolos videoclips.

Solitario[editar | editar a fonte]

Na súa nova xira pola súa carreira en solitario aumentou en 10.000 copias vendidas grazas á colaboración do seu novo director de produción malagueño, José López.

  • 2003: "Vuelve" CD single (70.000 copias vendidas) #10 España
  • 2004: "Mi amor" CD single (colaboración con Inma Serrano) (10.000) #80 España

Nena Daconte[editar | editar a fonte]

  • 2006: He perdido los zapatos (+80.000 copias vendidas) Disco de platino #18 España, 52 semanas na lista Promusicae.
    • 2007: He perdido los zapatos: edición de lujo inclúe bonus tracks e un DVD con videoclips, reportaxes e entrevistas.
  • 2008: Retales de carnaval (+80.000 copias vendidas) Disco de platino #3 Número 1 de Los 40 Principales actualmente na lista Promusicae.
  • 2009: Colaboración con Coti na canción "Perdóname", single de presentación do álbum Malditas Canciones.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]