Mahzarin Banaji
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) Secunderabad, India (pt) |
Educación | Universidade Estatal de Ohio - Psicoloxía social (–1986) Osmania University (en) - psicoloxía (–1982) Nizam College (en) - grao en Artes (–1976) St. Ann's High School, Secunderabad (en) (–1971) Universidade de Washington |
Actividade | |
Campo de traballo | Psicoloxía social |
Ocupación | psicóloga |
Empregador | Universidade Harvard Universidade Yale |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Brian Nosek (pt) |
Premios | |
|
Mahzarin Rustum Banaji, nada en Secunderabad (India), en 1956, é unha psicóloga social da Universidade de Harvard coñecida polos seus estudos sobre prexuízos de xénero e raciais.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mahzarim Banaji realizou os seus estudos de grao no Nizam College e obtivo o máster en psicoloxía pola Universidade de Osmania en Hyderabad. Recibiu o seu doutoramento pola Universidade Estatal de Ohio en 1986 baixo a tutela de Anthony Greenwald e o seu traballo posdoutoral levouno a cabo na Universidade de Washington. Ensinou na Universidade de Yale desde 1986 até o 2001 onde foi Reuben Post Halleck Professor of Psychology. En 2002 foise á Universidade de Harvard como Richard Clarke Cabot Professor of Social Ethics no Departamento de psicoloxía e Carol K. Pforzheimer Professor no Radcliffe Institute for Advanced Study.[3]
Banaji estuda o pensamento e os sentimentos humanos como extensións do contexto social. En particular, está interesada na natureza inconsciente de valoracións propias e doutros humanos que reflicten sentimentos e coñecemento (frecuentemente imprevisibles) sobre os membros do seu grupo social (p.ex., idade, raza/etnia, xénero, clase). O seu traballo depende das medidas de comportamento cognitivo/afectivo e das imaxes neuronais (fMRI) coas que explora as implicacións do seu traballo para teorías de responsabilidade individual e xustiza social.
O que fixo famosa a Banaji foi unha serie de estudos sobre a exploración de prexuízos de xénero e raciais[4][5] utilizando "Implicit Association Test". Unha web de Harvard con algúns dos tests que foi extremadamente popular. A investigación de Banaji sobre actitudes de xénero e raciais foi cuberta por medios de comunicación como PBS, NY Times e Washington Post,[6]
Principais publicacións
[editar | editar a fonte]- Implicit social cognition: attitudes, self-esteem, and stereotypes. 1995 (con Greenwald) en Psychological Review
- A unified theory of implicit attitudes, stereotypes, self-esteem, and self-concept. 2002. (con Greenwald, A Rudman, SD Farnham etc.) en Psychological Review.
- Blindspot: Hidden Biases of Good People (2016). Bantam.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mahzarin R. Banaji". psychology.fas.harvard.edu (en inglés). Consultado o 2020-10-04.
- ↑ Viegas, Jennifer (2019-06-25). "Profile of Mahzarin R. Banaji". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 116 (26): 12590–12592. ISSN 0027-8424. PMC 6601260. PMID 31138686. doi:10.1073/pnas.1908069116.
- ↑ "Mahzarin Banaji". banaji.socialpsychology.org (en inglés). Consultado o 2020-10-04.
- ↑ "Los prejuicios raciales influyen de forma inconsciente en la toma de decisiones". www.oei.es. Consultado o 2020-10-04.
- ↑ Morales, Marta. "Los prejuicios inconscientes son la fuente oculta de nuestro comportamiento • Tendencias21". Tendencias21 (en castelán). Consultado o 2020-10-04.
- ↑ "See No Bias (washingtonpost.com)". www.washingtonpost.com. Consultado o 2020-10-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mahzarin Banaji |