Saltar ao contido

Magdalena Mabarak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMagdalena Mabarak
Biografía
Nacemento27 de maio de 1899 Editar o valor en Wikidata
Tuxpan, México (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xuño de 1983 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor en Wikidata

María Magdalena Mabarak Pancardo, nada en Tuxpan o 27 de maio de 1899 e finada en Cidade de México o 27 de xuño de 1983, tamén coñecida como Magda Mabarak, foi unha escritora, poeta, contista e conferenciante mexicana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Magda naceu en Tuxpan, Veracruz no ano de 1899, no seo dunha familia de orixe libanesa.[1]

Foi principalmente autodidacta e colaborou con grupos teatrais. Durante unha estancia en Guatemala (1923-1927), publicou dous libros: enQuetzaltenango (1925), Del jardín interior, o seu primeiro libro de poemas en prosa e verso, e dous anos máis tarde, Burbujas y libélulas, observacións e reflexións sobre diversos asuntos.[2] Durante 1925 a 1927 colaborou no xornal Nuestro diario, nunha sección titulada Yo digo...

En 1927, en misións diplomáticas, viaxou a Santiago de Chile, onde viviu preto de cinco anos e publicou Sándalo, libro de vinte poemas en prosa inspirado nas culturas orientais, ilustrado por Roberto Montenegro.[3][1]

Tras unha estadía en Europa, trasladouse á Habana, onde ditou conferencias sobre arte e poesía no Círculo de Amigos da Cultura Francesa e outro ciclo, auspiciado pola Embaixada de México, sobre a Revolución Mexicana.[2]

Organizou exposicións de artesanía mexicana e colaborou no xornal El Mundo e en revístaa Carteles, até 1937, cando volveu definitivamente a México. De regreso, publicou en 1949 Dátiles, libro de contos provenientes da tradición oral e os costumes orientais, baseados nas narracións doutros emigrantes.[1] Formou parte do Ateneo Mexicano de Mujeres, do Club Internacional de Mujeres, do Consejo de Mujeres de México, da Unión Femenina Iberoamericana e Escritoras y Periodistas de México, entre outras asociacións. Foi tamén funcionaria e mestra no Instituto de Seguridad y Servicios Sociales de los Trabajadores del Estado (ISSSTE), e ditou conferencias en numerosos foros de América Latina.[2]

Morreu na Cidade de México o 27 de xuño de 1983, e deixou orfo ao seu fillo, o compositor mexicano Carlos Jiménez Mabarak.[4]

  • Burbujas y libélulas (1927) [5]
  • Sándalo, poemas de oriente (1940) [6]
  • Dátiles: Cuentos del Líbano (1956) [7]
  1. 1,0 1,1 1,2 Petit, Lorenza (09-01-2018). El mahyar mexicano. Producción literaria y periodística de los inmigrantes árabes y de sus descendientes (tese inédita). UAM. Departamento de Estudios Árabes e Islámicos y Estudios Orientales. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Peredo, Roberto. "Mabarak Pancardo, María Magdalena". 
  3. Díaz de Kuri, Martha Macluf, Lourdes (1999). De Líbano a México: crónica de un pueblo emigrante. Gráfica, Creatividad y Diseño. OCLC 248116052. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  4. "Con ópera y ballet, la OSO rinde homenaje al dodecafónico Jiménez Mabarak" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2019. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  5. Mabarak, Magda. (1927 [i.e. 1928]). Burbujas y libelulas. [Union tipografica]. OCLC 41481694. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  6. Mabarak, Magda. (1940). Sándalo : poemas de Oriente. Cultura. OCLC 48295671. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  7. Mabarak, Magda. (1956). Datiles : cuentos del libano. Editorial Veracruz. OCLC 1087088380. Consultado o 19 de xullo de 2019.