Magadan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Magadan - Магадан")
Localización de Magadan

Magadan é unha cidade portuaria no Mar de Okhotsk, centro administrativo do oblast de Magadan, Rusia, ten o status de cidade desde 1939. A súa superficie é de 180 km², a poboación de 107.500 (2006) e a densidade de poboación de 597.2 h/km². Conta con dous aeroportos, o internacional Aeroporto de Sokol e o pequeno aeroporto Magadan 13. A construción naval e a pesca son as principais actividades económicas da cidade, o porto permanece libre de xeo de maio a decembro.

Magadan fundouna Eduard Berzin, primeiro director de Dalstroi, en 1933 no emprazamento dun antigo asentamento de comenzos de século para que servira como porto exportador do ouro e outros minerais da rexión de Kolima, situada nunha zona moi illada, a cidade máis próxima, Jakutsk, está a 2200 km de estrada non asfaltada. Durante o stalinismo a cidade foi un centro de paso de prisioneiros enviados os gulags e a autoestrada que leva á rexión das minas de ouro coñécese como a estrada dos ósos, debido aos prisioneiros que morreron durante a súa construción.

O clima é subártico, os invernos son longos e fríos, con só seis meses por riba dos 0º. A paisaxe da rexión é o xeo e a tundra, as temperaturas oscilan entre os -22 °C en xaneiro ata os 12 °C en xullo.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Magadan