Madureza sexual
| Madureza sexual | |
|---|---|
|
Subclase de
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Descrito pola fonte
| |
| Wikidata C:Commons |
A madureza[1] ou madurez sexual é a capacidade dun organismo para reproducirse. A maioría dos organismos multicelulares non son quen de reproducirse sexualmente logo do nacemento (animais) ou xerminación (plantas): dependendo na especie, pode tardar días, semanas ou anos até que se desenvolven abondo para ser quen de facer tal; ademais, certos sinais poden desencadear a madurez sexual dun organismo. Estes poden ser externos, como a seca, ou o lume, que provoca a madureza sexual de certas plantas, ou internos, como a porcentaxe de graxa do corpo (certos animais). Os sinais internos non se deben confundir coas hormonas, os sinais químicos que inician os procesos celulares que conducen á madureza sexual, mais a produción e secreción de hormonas é desencadeada por tales sinais. Nalgunhas especies, os machos inmaturos poden atrasar a madureza sexual en presenza doutro macho sexualmente maduro, como no galo macho, debido ao combate intenso, a miúdo letal, que levan a cabo os machos maduros. A abella femia só chega á madureza sexual se se lle dá unha substancia especial ("xelea real") durante a fase larvaria.
Nos humanos, a madurez sexual está relacionada tanto coa puberdade como coa idade adulta.[2] A puberdade é o proceso biolóxico de madureza sexual, mentres que a «idade adulta», a condición de ser recoñecido socialmente como unha persoa independente quen de dar o seu consentimento e asumir responsabilidades, xeralmente implica a madureza sexual (a pesar de certos trastornos do desenvolvemento sexual), pero depende doutros criterios, definidos por expectativas culturais específicas.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para madureza.
- ↑ 2,0 2,1 Thomas Edward McNamara (2004). Evolution, Culture, and Consciousness: The Discovery of the Preconscious Mind. University Press of America. pp. 262–263. ISBN 0-7618-2765-X.
- ↑ Joseph S. Sanfilippo; Eduardo Lara-Torre; D. Keith Edmonds; Claire Templeman (2008). Clinical Pediatric and Adolescent Gynecology. CRC Press. p. 34. ISBN 978-0-203-09178-4.
The definition of puberty alone can encompass the process of sexual maturation, but a more expansive approach is to think of puberty in combination with the term adolescence. This differentiation prompts the practitioner to consider the psychological, behavioral, and social changes of the adolescent who is experiencing pubertal development.