Madam C. J. Walker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMadam C. J. Walker

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de decembro de 1867 Editar o valor em Wikidata
Delta, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte25 de maio de 1919 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Irvington, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Woodlawn Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresaria , inventora , filántropa , emprendedora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMoses McWilliams (en) Traducir
Charles Joseph Walker (en) Traducir
John H. Davis (en) Traducir
Jhosep Lopez (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosA'Lelia Walker (pt) Traducir
 () Moses McWilliams (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Breedlove-4 Find a Grave: 18239 Editar o valor em Wikidata

Sarah Breedlove, nada en Delta (Luisiana) o 23 de decembro de 1867 e finada en Irvington-on-Hudson (Nova York) o 25 de maio de 1919 foi unha empresaria, filántropa e activista social e política estadounidense coñecida como C. J. Walker. Eloxiada como a primeira millonaria “feita a ela mesma” nos Estados Unidos,[1] converteuse nunha das máis ricas mulleres emprendedoras do país,[2] así como a máis rica muller afroamericana e unha das empresarias afroamericanas de maior éxito da historia.[3]

Walker fixo a súa fortuna desenvolvendo e vendendo unha liña de produtos de beleza e para o cabelo destinados a mulleres de raza negra mediante a Madame C.J. Walker Manufacturing Company, empresa de éxito que ela fundou. Walker tamén foi coñecida pola súa filantropía e activismo. Fixo doazóns a numerosas organizacións e convereuse en mecenas das artes. Vila Lewaro, a luxosa facenda de Walker en Irvington-on-Hudson, Nova York, serviu como lugar de reunión social para a comunidade afroamericana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia[editar | editar a fonte]

Madam Walker e varias amigas no seu automóbil
C. J. Walker Manufacturing Company, Indianapolis, 1911

Breedlove nceu o 23 de decembro de 1867 preto de Delta, Louisiana, filla de Owen e Minerva (Anderson) Breedlove.[4][5] Sarah foi unha dos seis fillos, e tiña unha irmá máis vella, Louvenia, e catro irmáns: Alexander, James, Solomon e Owen Jr. Os pais e os irmáns máis vellos foron escravos na plantación Madison Parish, de Robert W. Burney, mais Sarah foi a primeira da familia nada en liberdade. A súa nai morreu, posiblemente de cólera en 1872. O seu pai volveu casar, mais faleceu uns anos despois.[Cómpre referencia] Orfa á idade de sete anos, Sarah mudouse a Vicksburg, Mississippi á idade de dez anos e traballou como traballadora doméstica. Antes do seu primeiro matrimonio, viviu coa súa irmá máis vella, Louvenia, e o seu cuñado, Jesse Powell.[4][6]

Matrimonio e familia[editar | editar a fonte]

En 1882, aos catorce anos, Sarah casou con Moses McWilliams, posiblemente para fuxir do maltrato do seu cuñado.[4] Sarah e Moses tiveron unha filla, Lelia McWilliams, nada o 6 de xuño de 1885. Cando Moses morreu en 1887, Sarah tiña trinta anos e Lelia dous.[6][7] Sarah volveu casar en 1894, pero deixou o seu segundo home, John Davis, arredor de 1903 e mudouse a Denver, Colorado, en 1905.[8][9]

En xaneiro de 1906, Sarah casou con Charles Joseph Walker, vendedor de anuncios en xornais que coñecera en Missouri. Por este matrimonio comezou a ser coñecida como Madam C. J. Walker. A parella divorciouse en 1912 e Charles morreu en 1926. Lelia McWilliams adoptou o apelido do seu padrasto e foi coñecida como A'Lelia Walker.[6][10][11]

Carreira[editar | editar a fonte]

En 1888 Sarah e a súa filla mudáronse a St. Louis, Missouri, onde vivían tres dos seus irmáns. Sarah atopou traballo como lavandeira, gañando apenas un dólar ao día, mais decidiu que gañaría cartos abondos para dar á súa filla unha educación formal.[12][13] Durante a década de 1880, Breedlove viviu nunha comunidade na que se desenvolveu o ragtime e ela cantou na St. Paul African Methodist Episcopal Church e comezou a arelar unha vida educada mentres vía as mulleres da igrexa.[1] Como era común entre as mulleres negras da súa época, Sarah padeceu caspa e outros problemas no coiro cabeludo, como calvicie debida a doenzas da pel e a aplicación de produtos duros como lixivia que estaban incorporados nos xabóns. Outros factores que contribuíron á súa perda de cabelo eran a dieta pobre, enfermidades, e aseo pouco habitual nunha época en que a maioría dos estadounidenses non dispuñan de tubaxes, calefacción e electricidade.[11][14][15]

Madam C. J. Walker's Wonderful Hair Grower na colección permanente do The Children's Museum of Indianapolis.[16]

Inicialmente, Sarah aprendeu sobre o coidado do cabelo dos seus irmáns, que eran barbeiros en Saint Louis.[14] Arredor do tempo da Feira Mundial de Saint Louis de 1904, converteuse nunha axente a comisión que vendía produtos para Annie Turnbo Malone, empresaria do coidado do cabelo afroamericana e propietaria de Poro Company.[4] Mentres traballaba para Malone, que logo se convertería na maior rival de Walker na industria,[1] Sarah comezou a adaptar o seu coñecemento sobre o cabelo para desenvolver a súa propia liña de produtos.[10]

En xullo de 1905, aos trinta e sete anos, Sarah e a súa filla marcharon a Denver, Colorado, onde continuou a vender produtos para Malone e desenvolver o seu propio negocio. Tralo matrimonio con Charles Walker en 1906, comezou a ser coñecida como Madam C. J. Walker e converteuse nunha peiteadora e vendedora de cosméticos independente. Adoptou o apelativo "Madam" das pioneiras francesas da industria da beleza.[17] O seu home, que era o seu socio no negocio, proporcionaba consello na publicidade e promoción; Sarah vendía os seus produtos de porta a porta, ensinando a outras mulleres negras a coidar e arranxar o seu cabelo.[6][10]

En 1906 Walker colocou a súa filla ao cargo da operación comercial en Denver mentres que ela e o seu home viaxaban a través do sur e o leste dos Estados Unidos para expandir o negocio.[12][14][15][18] En 1908 Walker e o seu home mudáronse a Pittsburgh, Pensilvania, onde abriron un salón de beleza e estableceron o Lelia College para adestrar "culturistas do cabelo" (“hair culturists”). Tras pechar o negocio en Denver en 1907, A'lelia encargouse das operacións diarias en Pittsburgh, mentres que Walker establecía unha nova base en Indianapolis en 1910.[19] A'lelia tamén persuadiu a súa nai para establecer un despacho e un salón de beleza en Harlem (Nova York) en 1913.[17]

En 1910 Walker moveu o seu negocio a Indianapolis, onde estableceu o cuartel xeral da Madame C. J. Walker Manufacturing Company. Inicialmente buscaba unha casa e unha fábrica en 640 North West Street.[20] Máis tarde, construíu unha fábrica, un salón de peiteado, unha escola de beleza para adestrar as súas axentes de venda, e engadiu un laboratorio para axudar coa investigación.[15] Tamén formou un equipo competente que incluía a Freeman Ransom, Robert Lee Brokenburr, Alice Kelly e Marjorie Stewart Joyner, para axudar na dirección da crecente compañía.[10] Moitos dos empregados na súa compañía, incluíndo postos clave e directivos, eran mulleres.[17]

Para incrementar as vendas da empresa, Walker adestrou outras mulleres para converterse en expertas en beleza usando "The Walker System", método de coidado deseñado para favorecer o crecemento do cabelo e acondicionar o coiro cabeludo mediante os seus produtos.[10] O sistema incluía un xampú, unha pomada, cepillados vigorosos e aplicación de peites de ferro no pelo. O método aseguraba que volvía o pelo crispado e deslucido, suave e exuberante.[12][14] A liña de produtos de Walker tiña varios competidores. Produtos semellantes se producían en Europa e Norteamérica, entre os que estaban as súas principais rivais, Annie Turnbo Malone's Poro System e máis tarde, Sarah Spencer Washington's Apex System.[21]

Entre 1911 e 1919, no máis alto da súa carreira, Walker e a súa compañía empregaban varios miles de mulleres e axentes de vendas para os seus produtos.[6] En 1917 a empresa afirmaba que adestrara preto de 20 000 mulleres.[20] Vestida cun uniforme característico formado por camisa branca e saia negra e levando carteiras negras, visitaban casas nos Estados Unidos e no Caribe ofrecendo a pomada capilar e outros produtos empaquetados en latas coa súa imaxe. Walker entendou o poder da publicidade e publicou moitos anuncios, especialmente en xornais e revistas afroamericanas, ademais de realizar numerosas viaxes para promocionar os seus produtos, o que a axudou a ser moi popular nos Estados Unidos. O nome de Walker fíxose aínda máis célebre na década de 1920, trala súa morte, coa expansión do seu negocio a Cuba, Xamaica, Haití, Panamá e Costa Rica.[12][14][17][21]

Ademais de adestrar en vendas e coidado, Walker axudou outras mulleres negras a financiar e crear os seus propios negocios e animounas a ser independentes financeiramente. En 1917, inspirada polo modelo da National Association of Colored Women, comezou a organizar as súas axentes en clubs e locais. O resultado foi o establecemento da National Beauty Culturists and Benevolent Association of Madam C. J. Walker Agents (predecesora da the Madam C. J. Walker Beauty Culturists Union of America).[6] Deu a súa primeira conferencia anual en Philadelphia no verán de 1917 con 200 asistentes. Considérase que a conferencia foi das primeiras reunións nacionais de mulleres empresarias para discutir sobre negocios e comercio.[11][12] Durante a convención, Walker entregou premios á mulleres que máis produtos venderan e tamén recompensou a aquelas que fixeran as maiores contribucións á caridade nas súas comunidades.[12]

Activismo e filantropía[editar | editar a fonte]

Casa de Irvington

Segundo aumentaba a súa riqueza e fama, difundiu máis os seus puntos de vista. En 1912 acudiu a unha reunión anual da National Negro Business League (NNBL) onde declarou dende o chan da planta baixa:

Son unha muller que procede dos campos de algodón do sur. De aí fun ascendida á bañeira. De aí fun ascendida á cociña. E de aí, ascendinme eu mesma ao negocio de fabricación de produtos e preparacións capilares. Construín a miña propia fábrica sobre o meu propio chan.[20][22]

O ano seguinte dirixiuse aos asistentes dende a palestra como voceira principal.[12][14]

Axudou a conseguir fondos para establecer unha sección da Young Men's Christian Association (YMCA) na comunidade negra de Indianapolis, doando mil dólares para a construción do edificio. Tamén doou cartos para bolsa á Tuskegee Institute. Outros beneficiarios foron Indianapolis's Flanner House e Bethel African Methodist Episcopal Church; Mary McLeod Bethune's Daytona Education and Industrial School for Negro Girls (máis tarde Bethune-Cookman University) en Daytona Beach, Florida; Palmer Memorial Institute en Carolina do Norte; e Haines Normal and Industrial Institute en Xeorxia. Walker foi tamén patroa das artes.[6][12]

Arredor de 1913, a filla de Walker, A'Lelia, mudouse á un novo local en Harlem, e en 1916 Walker uniuse a ela en Nova York, deixando as operacións cotiás da súa compañía ao mando do seu equipo en Indianapolis.[5][20] En 1917 Walker contratou a Vertner Tandy, primeiro arquitecto negro de Nova York e membro fundador da fraternidade Alpha Phi Alpha, para deseñar a súa casa en Irvington-on-Hudson, Nova York. Walker intentou que Vila Lewaro, que custou 250 000 dólares, se convertese nun lugar de reunión para os líderes da comunidade e que inspirase outros afroamericanos a perseguir os seus soños.[21][23][24] Mudouse á casa en maio de 1918 e inaugurouna cun acto en honra de Emmett Jay Scott, nesa época Assistant Secretary for Negro Affairs do departamento de guerra dos Estados Unidos de América.[14]

Walker involucrouse máis nos asuntos políticos trala súa chegada a Nova York. Deu conferencias sobre temas políticos, económicos e sociais en convencións patrocinadas por institucións negras. Entre os seus amigos e socios estaban Booker T. Washington, Mary McLeod Bethune e W. E. B. Du Bois.[6] Durante a primeira guerra mundial Walker foi a líder de Circle For Negro War Relief e avogou polo establecemento de campos de adestramento para oficiais negros do exército.[20] En 1917 uniuse ao comité executivo da sección de Nova York da National Association for the Advancement of Colored People (NAACP), que organizou a protesta silenciosa na Quinta Avenida da cidade. A manifestación levou máis de 8000 persoas a protestar contra uns disturbios en East Saint Louis nos que foron asasinados trinta e nove afroamericanos.[12]

Os beneficios do seu negocio influíron nas contribucións de Walker aos seus intereses políticos e filantrópicos. En 1918 a National Association of Colored Women's Clubs (NACWC) honrou a Walker por realizar a maior achega individual para axudar a preservar a casa de Frederick Douglass en Anacostia.[25] Antes da súa morte en 1919, garantiu 5000 dólares (equivalentes a 65 000 de 2012) ao fondo antilinchamento da NAACP. Nese momento foi a maior doazón individual que recibira a organización. Walker legou case cen mil dólares a orfanatos, institucións e persoas; o seu testamento indicaba que dous terzos da súa fortuna iría á caridade.[1][12][17]

Tumba de Madam C. J. Walker

Morte e legado[editar | editar a fonte]

Walker faleceu o 25 de maio de 1919 dun fallo renal e complicacións da hipertensión aos cincuente e un anos.[6][20][24] Os seus restos están enterrados en Woodlawn Cemetery en The Bronx, Nova York.[26]

No momento do seu pasamento, Walker era considerada a muller afroamericana máis rica dos Estados Unidos. Foi recoñecida como a primeira millonaria do país que se fixo a si mesma, aínda que a súa fortuna estaba estimada en 600 000 dólares (equivalentes a 8 millóns de 2018).[1] Segundo o obituario de New York Times, "ela díxose a si mesma dous anos antes [en 1917] que non era aínda unha millonaria, mais que esperaba selo algún día".[24] No tempo da morte de Walker, o salario medio anual dos estadounidenses era de 750 dólares.[27] A súa filla, A'Lelia Walker, converteuse na presidenta de Madame C. J. Walker Manufacturing Company.[14]

Os papeis persoais de Walker consérvanse na Indiana Historical Society de Indianapolis.[11] O seu legado tamén continúa con dous lugares incluídos na listaxe de National Register of Historic Places: Vila Lewaro en Irvington, Nova York e Madame Walker Theatre Center en Indianapolis. Vila Lewaro vendeuse trala morte de A'Lelia Walker's a unha organización chamada Companions of the Forest in America en 1932 e ingresou na listaxe en 1979. O National Trust for Historic Preservation designouna National Treasure.[28][29] O edificio da Walker Manufacturing Company en Indianapolis, renomeado Madame Walker Theatre Center, abriu en decembro de 1927; incluía as oficinas da compañía e a fábrica, ademais dun teatro, escola de beleza, salón de peiteado e barbería, restaurante, farmacia e sala de bailes para a comunidade. O edificio incluíuse no National Register of Historic Places en 1980.[17][30]

En 2006, a dramaturga e directora Regina Taylor escribiu The Dreams of Sarah Breedlove, que conta a historia da loita e o éxito de Walker.[31] A obra estreouse no Goodman Theatre de Chicago.[32] A actriz L. Scott Caldwell interpretou o papel de Walker.[31]

O 4 de marzo de 2016, a compañía de beleza Sundial Brands lanzou unha colaboración con Sephora na honra de Walker. Chamouna "Madam C. J. Walker Beauty Culture" e comprendía catro coleccións que se centraban no uso de ingredientes naturais para o coidado de tipos diferentes de cabelo.[33] En 2017, a actriz Octavia Spencer foi escollida para interpretar a Walker nunha serie de televisión baseada na biografía escrita por A'Lelia Bundles, descendente de Walker.[34]

Tributos[editar | editar a fonte]

Na súa honra denomínanse:

  • Os premios Madam C. J. Walker Business and Community Recognition Awards patrocinados por National Coalition of 100 Black Women, en Oakland/Bay Area. Entregan anualmente bolsas a mulleres destacadas da comunidade.[35]
  • Spirit Awards patrocinaron o Madame Walker Theatre Center de Indianapolis. Establecido como tributo a Walker, os premios anuais honraron líderes nacionais na empresa, filantropía, compromiso cívico e artes dende 2006. Entre os premios inclúense o Madame C. J. Walker Heritage Award e premios á mocidade emprendedora.[36]

Walker foi incluída no National Women's Hall of Fame en Seneca, Nova York en 1993.[37] En 1998 o U.S. Postal Service dedicou un selo conmemorativo a Madam Walker como parte da súa serie de herdanza negra.[20][38]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Madam C. J. Walker". The Philanthropy Hall of Fame. Philanthropy Roundtable. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2015. Consultado o 1 de marzo de 2015. 
  2. "How America's First Self-Made Female Millionaire Built Her Fortune". Time (en inglés). Consultado o 18 de maio de 2018. 
  3. Modelo:Cite triumph
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Bundles, "Madam C J (Sarah Breedlove) Walker, 1867–1919" in Black Women in America, v. II, p. 1209.
  5. 5,0 5,1 Bundles, A’Lelia. "Madam C.J. Walker". Madame C.J. Walker. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2015. Consultado o 25 de febreiro de 2015. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 6,8 "Madam C. J. Walker". Indiana Historical Society. Consultado o 28 de febreiro de 2015. 
  7. A'lelia Bundles (2014). "Biography of Madam C. J. Walker". National Coalition of 100 Black Women, Inc., Oakland/Bay Area Chapter. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2018. Consultado o 2016-02-05. 
  8. Linda C. Gugin and James E. St. Clair, eds. (2015). Indiana's 200: The People Who Shaped the Hoosier State. Indianapolis: Indiana Historical Society Press. p. 360. ISBN 978-0-87195-387-2. 
  9. "The Philanthropy Hall of Fame: Madam C. J. Walker". Philanthropy Roundtable. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2015. Consultado o 1 de marzo de 2015. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Bundles, "Madam C J (Sarah Breedlove) Walker, 1867–1919" in Black Women in America, v. II, pp. 1210–11.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 Andrea Riquier (24 de febreiro de 2015). "Madam Walker Went from Laundress to Success". Investor's Business Daily. Consultado o 8 de febreiro de 2016. 
  12. 12,00 12,01 12,02 12,03 12,04 12,05 12,06 12,07 12,08 12,09 A'Lelia Bundles (febreiro de 2012). "Madam C. J. Walker: Business Savvy to Philanthropy" (PDF). eJournal USA (U.S. Department of State) 16 (6): 3–5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de maio de 2021. Consultado o 1 de marzo de 2015. 
  13. Editors. "Madam C. J. Walker Biography". Biography.com. A&E Television Networks. Consultado o 15 de febreiro de 2016. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 14,6 14,7 A'Lelia Bundles (2001). On Her Own Ground: The Life and Times of Madam C. J. Walker. Nova York: Scribner. ISBN 0-7434-3172-3. 
  15. 15,0 15,1 15,2 John N. Ingham (febreiro de 2000). Madame C. J. Walker. American National Biography Online.  (requírese subscrición)
  16. "Madam C.J. Walker's Wonderful Hair Grower product container". The Indianapolis Public Library. Consultado o 2 de marzo de 2015. 
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 17,4 17,5 A'Lelia Bundles. "Madam C. J. Walker’s Secrets to Success". Biography.com. Consultado o 9 de febreiro de 2016. 
  18. Harold Evans; Gail Buckland & David Lefer (2004). They Made America: From the Steam Engine to the Search Engine: Two Centuries of Innovators. Nova York: Little, Brown. ISBN 9780316277662. 
  19. Nancy F. Koehn; Anne E. Dwojeski; William Grundy; Erica Helms; Katherine Miller (2007). Madam C. J. Walker: Entrepreneur, Leader, and Philanthropist. 9-807-145. Boston: Harvard Business School Publishing. p. 12. OCLC 154317207. 
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 20,4 20,5 20,6 Gugin and Saint Clair, p. 361.
  21. 21,0 21,1 21,2 "Madame C. J. Walker (Sarah Breedlove McWilliams Walker): Inventor, Businesswoman". The Faces of Science: African Americans in the Sciences. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2013. Consultado o 22 de maio de 2015. 
  22. Orixinal en inglés: "I am a woman who came from the cotton fields of the South. From there I was promoted to the washtub. From there, I was promoted to the cook kitchen. And from there, I promoted myself into the business of manufacturing hair goods and preparations. I have built my own factory on my own ground".
  23. Bundles, "Madam C J (Sarah Breedlove) Walker, 1867–1919" in Black Women in America, v. II, p. 1213.
  24. 24,0 24,1 24,2 "Wealthiest Negress Dead". New York Times. 26 de maio de 1919. Consultado o 1 de marzo de 2015. 
  25. Bundles, "Madam C J (Sarah Breedlove) Walker, 1867–1919" in Black Women in America, v. II, p. 1212.
  26. "Woodlawn Cemetery–Madam Walker’s Burial Place–Named National Historic Landmark". Consultado o 2 de febreiro de 2016. 
  27. https://bizfluent.com/info-7769323-history-american-income.html
  28. Jessica Pumphrey (24 de outubro de 2014). "Sign the Pledge to Protect Villa Lewaro – And Learn How You Can Tour It". National Trust for Historic Preservation. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2019. Consultado o 5 de febreiro de 2016. 
  29. Brent Leggs (2014). "Envisioning Villa Lewaro's Future" (PDF). National Trust for Historic Preservation. Consultado o 19 de febreiro de 2016. 
  30. "National Register Digital Assets: Madame C. J. Walker Building". National Park Service, U.S. Department of the Interior. 
  31. 31,0 31,1 "Regina Taylor Brings the Story of Madam C. J. Walker to the Stage". Jet Jul 10 2006: 62-3. ProQuest. 6 de marzo de 2016 .
  32. "The Dreams of Sarah Breedlove | Goodman Theater | Chicago". www.goodmantheatre.org. Consultado o 6 de marzo de 2016. 
  33. "Sundial Brands Enters Prestige Hair Category with Historic Launch of Madam C. J. Walker Beauty Culture Exclusively at Sephora". PR Newswire Feb 23 2016ProQuest. 6 de marzo de 2016 .
  34. Lanert, Raquel (18 de febreiro de 2017) "Manse built by America's first self-made millionairess in jeopardy" New York Post
  35. "17th Annual Madam C. J. Walker 2015 Luncheon". National Coalition of 100 Black Women, Inc., Oakland/Bay Area Chapter. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2016. Consultado o 5 de febreiro de 2016. 
  36. "About the Spirit Awards". Madame Walker Theatre Center. 2016. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2016. Consultado o 4 de febreiro de 2016. 
  37. "Madam C. J. Walker". National Women’s Hall of Fame. Consultado o 10 de febreiro de 2016. 
  38. US Stamp Gallery

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]