Mad Max 2, o guerreiro da estrada
Aparencia
Mad Max 2, o guerreiro da estrada[1] (en inglés: Mad Max 2) é un filme australiano dirixido por George Miller que se estreou en 1981. É o segundo filme da saga Mad Max, protagonizada por Mel Gibson.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Tras un holocausto nuclear, a gasolina converteuse nun ben escaso e moi cobizado. Mad Max, heroe solitario, inicia unha loita sen cuartel para axudar a unha colonia de superviventes constantemente atacada por un grupo de violentos guerreiros que intenta arrebatarlles un tanque de gasolina. Max decide axudar ós defensores do tanque.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Mel Gibson como "Mad" Max Rockatansky
- Bruce Spence como Capitán Gyro
- Emil Minty como Neno ferino
- Michael Preston como Pappagallo
- Virginia Hey como Muller guerreira
- Kjell Nilsson como Humungus
- Vernon Wells como Wez
- Max Phipps como Toadie
- Arkie Whiteley como Moza loira
- Moira Claux como Big Rebecca
- David Downer como Nathan
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ farodevigo.es (ed.). ""Mad Max 2, o guerreiro da estrada" en galego". Consultado o 17 de agosto de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)