Macuahuitl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Macuahuitl
OrixeMéxico
GuerrasConquista do Imperio Azteca
Peso2 quilogramos e 3 quilogramos
Lonxitude90 centímetros e 120 centímetros
editar datos en Wikidata ]
Recreación moderna dun macuahuitl cerimonial.

Un macuahuitl ([maːˈkʷawit͡ɬ]) é unha arma de madeira con follas de obsidiana. O nome deriva da lingua náhuatl e quere dicir "man de madeira".[1] Os seus lados contan con coitelas prismáticas tradicionalmente feitas con obsidiana. A obsidiana é quen de producir un filo máis afiado que as coitelas de aceiro de alta calidade. O macuahuitl era unha arma estándar de combate corpo a corpo.

O emprego do macuahuitl como unha arma está rexistrado dende o primeiro milenio. Na época da conquista española, o macuahuitl estaba amplamente distribuído en toda Mesoamérica. A arma era usada por diferentes civilizacións como os aztecas, os maias, os mixtecas e os toltecas.

Un exemplo desta arma sobreviviu a conquista de México; formou parte da Real Armería de Madrid até que foi destruída por un lume no ano 1884. As imaxes dos deseños orixinais sobreviviron en diversos catálogos. A réplica máis antiga é o macuahuitl creado polo medievalista Achille Jubinal no século XIX.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ThoughtCo (ed.). "The Fearsome Close-Quarter Combat Weapon of the Aztecs". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2018. Consultado o 27 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]