Macizo das Gavarres
| Tipo | espazo natural protexido Pla d'Espais d'Interès Natural Macizo | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Cordilleiras Costeiras Catalás | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | provincia de Xirona, España | |||
| ||||
| Cordilleira | Cordilleira Litoral | |||
| Características | ||||
| Altitude | 532 m 533 m | |||
| Dimensións | 21 ( | |||
| Material ou ingrediente | calcaria | |||
| Superficie | 350 km² 28.868,76598 ha | |||
| Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña | ||||
| World Database on Protected Areas | ||||
| Identificador | ||||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 1992 | |||

Les Gavarres ou macizo das Gavarres é unha aliñación montañosa da Cordilleira Litoral situada no nordés de Cataluña, formando un arco que marca os límites xeográficos meridionais da chaira do Empordà. O macizo constitúe, xunto coas montañas de Begur, o extremo setentrional da Cordilleira Litoral.
Ten a forma dun grande arco que se abre cara ao norte, entre as comarcas do Baix Empordà e o Gironès, e cunha extensión duns 350 km², repartidos entre vinte concellos: Calonge, Castell-Platja d'Aro, Corçà, Cruïlles, Monells i Sant Sadurní de l'Heura, Forallac, la Bisbal d'Empordà, Mont-ras, Palafrugell, Palamós, Santa Cristina d'Aro, Torrent e Vall-llobrega na comarca do Baix Empordà, e Cassà de la Selva, Celrà, Juià, Llagostera, Llambilles, Madremanya, Quart, Sant Martí Vell e Xirona na comarca do Gironès.
En 1998 fundouse o Consorci de les Gavarres, con representación de varios concellos da zona, para protexir e xestionar este espazo de interese natural, declarado como tal no marco do Pla d'Espais d'Interès Natural dende 1992.
