Macha Méril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Macha Méril
Macha Meril 75.jpg
Nome completoМария-Магдалина Владимировна Гагарина
Alcume/outrosMacha Méril
Nacemento3 de setembro de 1940
LugarRabat
SoterradoCemiterio do Père-Lachaise
NacionalidadeFrancia
PaiVladimir Gagarin
Cónxuxe(s)Michel Legrand e Gian Vittorio Baldi
Profesiónactriz de cinema, actriz de teatro, produtora e escritora
Na rede
IMDB: nm0617736 Allocine: 165 Rottentomatoes: celebrity/macha_meril Allmovie: p48547 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Macha Méril, nada como Maria-Magdalena Vladimirovna Gagarina en Rabat o 3 de setembro de 1940, é unha actriz e escritora francesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus pais eran Marie Belsky, que procedía da nobreza ucraína, e o príncipe Vladimir Gagarin, os dous exiliados coas súas familias na Costa Azul trala Revolución de 1917. Naceu mentres seus pais estaban en Rabat por negocios, criándose en Antibes. Durante os combates de novembro de 1942 morreu o seu medio irmán Georges. Cinco anos despois o seu pai finou vítima do tifo e trala súa morte a familia marchou a París,onde asistiu a cursos de literatura na Sorbona. Abandonou estes cursos para se dedicar á actuación, da man de Charles Dullin.

En 1959 comezou a súa carreira cinematográfica con La Main chaude, a primeira realización de Gérard Oury; deseguido marchou a Nova York para estudar no Actors Studio entre 1960 e 1962. Casada co realizador e produtor de cinema italiano Gian Vittorio Baldi en 1969, instalouse en Roma e actuou en varios filmes italianos. En total entre 1959 e 2012, apareceu en 125 filmes, entre os que salientan Une femme mariée (1964) de Jean-Luc Godard, Belle de jour (1967) de Luis Buñuel e Chinesisches Roulette (1976) de Rainer Werner Fassbinder, pero sobre todo é coñecida polos seus papeis de Helga Ulmann en Profondo rosso (1975) de Dario Argento e da dama sen nome en L'ultimo treno della notte (1975) de Aldo Lado. En 1986 recibiu unha candidatura aos premios César polo filme Sans toit ni loi de Agnès Varda. Na televisión participou no programa Les Grosses Têtes e en Ça balance à Paris.

Próxima a Lionel Jospin en 2002, en 2012 fixo público o seu apoio a François Hollande[1].

Filmografía[editar | editar a fonte]

Macha Méril enMouans-Sartoux en 2012.

Cinema[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

Culinarios[editar | editar a fonte]

  • Joyeuses pâtes !, 1986.
  • Moi j'en riz !, Robert Laffont, 1996.
  • Haricots-ci haricots-là, 1999.
  • C'est prêt dans un quart d'heure !, Robert Laffont, 2011.

Autobiografías[editar | editar a fonte]

  • Biographie d'un sexe ordinaire, Albin Michel, 2003.
  • Si je vous disais, 2004.
  • Un jour, je suis morte, Albin Michel, 2007

Novelas[editar | editar a fonte]

  • La Star, Grasset, 1982.
  • Love Baba, Albin Michel, 2000.
  • Les Mots des hommes, 2004.
  • Ce soir, c'est ta fête, 2006.
  • Jury, Albin Michel, 2011.
  • Ce qu'il voulait, Albin Michel, 2012.

Relatos[editar | editar a fonte]

  • L’Amour dans tous ses états, Flammarion, 2014

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Ricochets, 2009

Humor[editar | editar a fonte]

  • Patati patata, trois petits tours et puis ça va, Albin Michel, 2001.

Antoloxía[editar | editar a fonte]

  • L'esprit au féminin, Cherche Midi, 2012 écrit avec Christian Moncelet

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]