Maarten van Dulm
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de agosto de 1879 ![]() Arnhem, Países Baixos ![]() |
Morte | 25 de abril de 1949 ![]() Wassenaar, Países Baixos ![]() |
Actividade | |
Ocupación | oficial da armada (1900–1936), esgrimista ![]() |
Carreira militar | |
Rama militar | Mariña Real dos Países Baixos ![]() |
Rango militar | Vicealmirante ![]() |
Deporte | esgrima ![]() |
Participou en | |
1928 | Xogos Olímpicos de 1928 |
1924 | Xogos Olímpicos de 1924 ![]() |
Premios | |
|
Maarten Hendrik van Dulm, nado en Arnhem o 4 de agosto de 1879 e finado en Wassenaar o 25 de abril de 1949, foi un militar e tirador de esgrima neerlandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1900 entrou na Mariña Real, entre 1919 e 1922 foi editor de Marineblad, publicación da Asociación Naval (asociación profesional de oficiais da Mariña Real). En 1924 acadou o rango de capitán tenente do mar [1] encomendándolle o mando do Hr. Ms. Java efectivo tras a súa botadura o 1 de maio de 1925. Posteriormente comandou o Hr. Ms. Van Speijk, o Hr. Ms. Jacob van Heemskerck e o Hr. Ms. Gelderland. En 1932 foi durante once meses Xefe de Estado Maior nas Indias Orientais Neerlandesas, despois do cal estivo ao mando da escuadra naval neerlandesa. Desde abril de 1934 ata marzo de 1936 comandou as forzas navais na Indias Orientais e foi xefe do Departamento de Mariña en Batavia. Tras retirarse do servizo activo foi nomeado en 1937 presidente do International Board for Non-Intervention in Spain establecido polo Comité Internacional de Non Intervención con sede en Londres. En 1939 encabezou unha misión neerlandesa nos Estados Unidos coa misión de establecer contactos para o fornecemento de material de guerra aos Países Baixos [2].
Grande esgrimista, participou nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928, logrando a medalla de bronce na proba de sabre por equipos en 1924. Era comendador da Orde de Orange-Nassau e cabaleiro da Orde do León Neerlandés.
Notas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1879
- Finados en 1949
- Militares dos Países Baixos
- Esgrimistas olímpicos dos Países Baixos
- Medallistas olímpicos en esgrima
- Medallistas olímpicos de bronce polos Países Baixos
- Nados en Güeldres
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1924
- Esgrimistas de sabre
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1924
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1928