Maaria Eira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaaria Eira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fi) Saskia Marjatta Suomalainen Editar o valor em Wikidata
23 de outubro de 1924 Editar o valor em Wikidata
Helsinqui, Finlandia Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xuño de 1999 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
Outros nomesMaaria Eira Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFinlandia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema , cantante de ópera Editar o valor em Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiYrjö Suomalainen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsKari Suomalainen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0251890 Musicbrainz: 43e2d5cb-fa3d-4a10-bb39-2f1d2d961265 Editar o valor em Wikidata

Maaria Eira, tamén coñecida como Saskia Marjatta D'Onofrio e nada co apelido Suomalainen en Helsinqui o 23 de outubro de 1924 e finada en Roma o 19 de xuño de 1999 [1], foi unha soprano finlandesa, que se fixo popular no seu país como protagonista de catro filmes musicais realizados en 1944 e 1954.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procedente dunha familia de artistas, seu avó materno fora o escultor Emil Wikström, seu pai o escritor e violinista Yrjö Suomalainen e súa nai a bailarina de ballet Estelle Wikström. O seu irmán máis vello, Kari Suomalainen, foi un recoñecido debuxante de prensa.

Maaria asistiu á escola de ballet da Ópera Finlandesa entre 1928 e 1936 e estudou canto con Olavi Nyberg. En 1942[2], con 19 anos, debutou na Ópera Nacional no papel de Gilda no Rigoletto de Giuseppe Verdi e apareceu como solista noutras producións operísticas. A súa beleza e carisma artístico chamou a atención do mundo cinematográfico e recibiu ofertas entrar no mundo do cinema, e así en 1944 protagonizou dous filmes musicais, Ballaadi de Toivo Särkkäa e mais Miesmalli de Ossi Elstelä. A crítica recoñeceu o seu valor artístico mais criticou a súa falta de formación interpretativa.

En 1946 marchou a Estocolmo para perfeccionar o seu canto, estudou baixo a dirección de Britta von Vegesack e en 1948 pasou a colaborar coa Ópera Real de Suecia. O repertorio de Eira nesta súa etapa sueca estaba centrouse en papeis coloratura como o de Philine no Mignon de Ambroise Thomas ou o de Juliette do Roméo et Juliette de Charles Gounod. En 1950 o encontro con Beniamino Gigli[3] foi decisivo na súa carreira, e polo seu consello marchou a Roma para estudar con Marcantoni e alí se aveciñou definitivamente.

En 1951 gañou o Concurso Internacional de ópera do Teatro da Ópera de Roma e da Accademia Nazionale di Santa Cecilia. Cantou en diversos escenarios de Italia e outros países europeos e mais nos Estados Unidos. No ano 1954 viu a estrea de dous filmes musicais finlandeses que a tiñan como protagonista, Onnelliset de Hannu Leminen e Mä oksalla ylimmällä de Jack Witikka. E tamén nese ano de 1954 coñeceu á soprano Toti Dal Monte que traballaba como profesora de canto, e converteuse na súa discípula e na súa man dereita. En 1956 acompañouna a Moscova e actuou como modelo de canto durante as clases. Na súa etapa italiana representou papeis máis dramáticos, e a partir da década de 1960 e durante vinte anos exerceu como directora de ópera[4].

Papeis[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Maaria Eiran muistokirjoitus Helsingin Sanomissa.". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2020. Consultado o 08 de xullo de 2020. 
  2. Ruth-Esther Hillila e Barbara Blanchard Hong (1997). Historical Dictionary of the Music and Musicians of Finland. Greenwood. p. 58. 
  3. "Maaria Eira, Rooma". yle. 3 de agosto de 2008. 
  4. Pia Maria Montonen (2014). Valtakunnan miniä. Brita Kekkonen. WSOY.