Saltar ao contido

Maïna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Maïna
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Cor
Implicados
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
Datas
 Data de publicación
15 de xuño de 2013 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
   102 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0_1nnx3 Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt2600730 Filmaffinity: 984994 Allocine: 194696 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Maïna é un filme canadense[1] de 2013 dirixido por Michel Poulette. É unha adaptación da novela de Dominique Demers, e está protagonizado por Roseanne Supernault.

Maïna, a filla do xefe innu Mishtenapuu, embárcase nunha busca no territorio inuit para rescatar a Nipki, un neno da súa comunidade capturado polos inuit despois dunha batalla.[2]

Personaxes

[editar | editar a fonte]

O elenco está composto por Graham Greene como o pai de Maïna, así como por Tantoo Cardinal, Eric Schweig e Natar Ungalaaq.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

O filme foi nomeado na categoría mellor filme no Festival de Cinema Indio Americano de 2013, e Supernault foi nomeada na categoría de mellor actriz.[2] Tamén obtivo seis nomeamentos na 2ª edición dos Canadian Screen Awards, incluíndo mellor filme, mellor dirección de arte/deseño de produción,mellor fotografía (Allen Smith), mellor vestiario, mellor banda sonora orixinal e mellor maquillaxe.