MG Metro 6R4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MG Metro 6R4

Produción 783.745 unidades
Configuración
Tipo Automóbil de turismo
Segmento Grupo B
Configuración Motor central lonxitudinal
Características técnicas
Motor 2.991 cc

O MG Metro 6R4 foi un automóbil de carreiras, MG Metro con homologación de grupo B. Foi construído por Rover e competiu no campionato mundial de rally entre 1985 e 1986. O seu mellor resultado foi o terceiro posto que logrou o piloto británico Tony Pond, xustamente durante o debut do coche, no Rally de Gran Bretaña de 1985.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Rover decidiu crear un coche sen turbo, demostrando que podía ser tan competitivo como o resto de automóbiles do grupo B. Contratou aos enxeñeiros de Williams para poder construilo. Dispuña dun motor central de 3 litros, que alcanzaba os 400 CV de potencia, e dispuña de tracción ao catro rodas. A falta de financiamento da marca impediu que o coche fose un éxito.[2]

Debutou no mundial en 1985 e competiu até 1986, momento no que os grupos B foron prohibidos, logrando un só podio, aínda que si conseguiu outros éxitos en competicións nacionais, como o título de pilotos con Didier Auriol en 1986 no campionato francés.[3]

Do mesmo xeito que o resto dos automóbiles do grupo B, o Metro 6R4 seguiu competindo en competicións de rallycross, sendo un dos modelos con máis éxito.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. www.juwra.com. "Metro 6R4" (en inglés). Consultado o 11 de setembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 www.groupbrally.com. "MG Metro" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2012. Consultado o 11 de setembro de 2012. 
  3. rallybase.nl. "French Rally Championship for Drivers Champions" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2012.