M-100

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
M-100
M-100 sounding rocket shape-01.jpg
País de orixe Unión Soviética[1]
Tamaño
Altura 8,34 m[1]
Diámetro 0,25 m máximo[1]
Masa 475 kg[1]
Etapas 2[1]
Historia de lanzamentos
Estado Retirado[1]

M-100 foi un foguete sonda soviético de propelente sólido desenvolvido a finais dos anos 1950 e formado por dúas etapas.[1]

Características[editar | editar a fonte]

M-100 foi o foguete sonda máis lanzado da Historia, estimándose que se lanzaron unhas 6640 unidades entre 1957 e 1993, ano en que debido ao afundimento da Unión Soviética deixou de usarse. O foguete non tiña sistema de guiado e estabilizábase mediante aletas. A versión básica podía levar 15 kg de carga a unha altura de 90 km. Tiña unha lonxitude de 8,34 m, un diámetro de 25 cm e unha masa total de 475 kg. Usábase para facer medicións meteorolóxicas. Unha versión mellorada, o M-100B, foi usado conxuntamente con foguetes americanos Super Loki-Dart, británicos Skua e franceses Super Arcas para calibrarse mutuamente e integrarse na Rede Mundial de Foguetes Meteorolóxicos.[1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Mark Wade (2011). "M-100" (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2020.